Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela pedirá que a Xunta concerte as 20 prazas autorizadas para o centro de día da fundación “Eu Son”

Nota de prensa:
O BIPARTITO SOLICITARÁ NO PLENO DA VINDEIRA SEMANA QUE A XUNTA CONCERTE AS 20 PRAZAS AUTORIZADAS PARA O CENTRO DE DÍA DA FUNDACIÓN DE DISCAPACITADOS PSÍQUICOS EU SON.

Burela, 25 de marzo de 2011. O bipartito solicitará no pleno da vindeira semana que a Xunta concerte as prazas autorizadas para o centro de día da fundación de discapacitados psíquicos Eu Son, segundo ven de anunciar a tenente de alcalde.

Neves Cando lembrou que “este centro de día foi autorizado pola Xunta no 2008 e despois durante o 2009 procedéuse á súa construcción, grazas ás subvencións da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar da anterior Xunta, que aportou 80.000 euros e grazas tamén á Deputación de Lugo que achegou 12.000 euros. Unha vez que se remataron as obras en febreiro de 2010 procedéuse ao seu equipamento e acondicionamento tamén subvencionados pola Vicepresidencia da anterior Xunta, pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e pola Deputación de Lugo, cun importe total de máis de 20.000 euros”.

A edil nacionalista segueu a relatar que “en xuño do ano pasado xa se tiñan as licenzas municipais e o permiso de inicio de actividade concedidos e a partires de aquí comezamos a facer xestións para concertar estas 20 prazas coa Xunta para que, ao igual que no centro ocupacional da propia fundación, as persoas con discapacidade psíquica que estivesen interesadas en ser usuarios deste centro de día puidesen acceder a él dun xeito económicamente posible”. Neves Cando sinalou que “nunha entrevista celebrada na Subdirección Xeral de Coordinación de Equipamentos para persoas maiores e con discapacidade no mes de xullo pasado informóusenos que de momento non había cartos para este concerto de prazas por parte da Xunta. Seguimos sen ter noticias sobre este concerto e desde o pleno da Corporación Municipal queremos reiterar a nosa petición á Xunta, porque o centro de día xa está listo, acondicionado e con todos os equipamentos, pero non o podemos abrir aos usuarios porque sería económicamente inviable para estas persoas senon temos a aportación da Xunta”.

A tenente de alcalde de Burela non ve razóns “para negarnos esta aportación económica cando a Xunta ten cartos para gastar noutras cousas como propaganda”. A Neves Cando parécelle curioso que “agora o candidato do PP ás eleccións municipais aquí en Burela se acorde dun proxecto de residencia para estas persoas con discapacidade psíquica, cando a propia Xunta do seu partido nos nega agora o concerto destas prazas para o centro de día que xa está construido e listo para funcionar”.

Exit mobile version