Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PP de Burela que publica o DOG que se expón ó público o proxecto de acceso ó porto

Nota de prensa

O DOG publica hoxe o anuncio de exposición ó público do proxecto de construcción de actualización e terminación das obras e acceso ó porto de Burela.

González Barcia afirma que a Xunta de Feijoo cumple o anunciado.

Burela, 9 de marzo de 2011.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio de exposición ó público do proxecto de construcción de actualización e terminación das obras de acceso ó porto de Burela, en función dunha resolución dictada pola Directora Xeral de Infraestructuras Ethel Vázquez Mourelle o pasado 28 de febrero. O proxecto foi aprobado provisionalmente por resolución da propia Dirección Xeral o pasado 18 de febrero.

Segundo consta no anuncio, o proxecto busca disminuir o impacto visual da traza inicialmente prevista e actuar cáseque na súa totalidade en zonas xa alteradas polas obras.

O prazo de exposición pública para particulares é  de trinta días hábiles contados a partires de mañán xoves, co que o prazo remata o día trece de abril.

O candidato popular e portavoz municipal José María González Barcia mostrou a súa satisfacción pola publicación deste anuncio: “tanto o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, como a Directora Xeral de Infraestructuras manifestáronnos que, logo de ter elaborado o proxecto, que redactou a empresa Eptisa, o paso seguinte era expoñelo ó público para a presentación de alegacións por particulares e administracións no caso de habelas, resolvelas, e posteriormente iniciar o proceso de licitación. A semana pasada xa anunciamos que ó longo da presente se publicaría no DOG o anuncio de exposición pública. Pois ben, á vista está que a Xunta de Núñez Feijoo cumple, o que sen dúbida é unha satisfacción para o noso grupo político, que en todo momento se preocupou por esta obra, de vital importancia para Burela, como o demostra que nos desprazáramos dúas veces a Santiago para manter as reunións pertinentes co conselleiro e coa directora xeral”.

González Barcia manifestou ademais que “aqueles que dubidaban de que esta obra continuase adiante, seguramente que non se preocuparon nin moito nin pouco por falar e reunirse con quen hai que falar e reunirse, ainda que sí estiveron prestos a sair nos medios informativos sementando dúbidas entre a cidadanía”.

Finalmente, o candidato popular indicou que “este anuncio de exposición pública é un paso adiante para que a obra, tan importante para Burela, continúe e poidamos así vela rematada”.

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Nº 47 _ Mércores, 9 de marzo de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 4.061 Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou, cando se trate de emprazamentos. E para que lle sirva de notificación a Contratas y Construcciones Marineda, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios. A Coruña, dez de febreiro de dous mil once. María Blanco Aquino Secretaria xudicial VI. ANUNCIOS a) DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Resolución do 28 de febreiro de 2011, da Dirección Xeral de Infraestruturas, pola que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de actualización e terminación das obras e acceso ao porto de Burela, clave LU/06/048.03.1, así  como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado. Por resolución da Dirección Xeral de Infraestruturas do 18 de febreiro de 2011 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción da actualización e terminación das obras e acceso ao porto de Burela, clave: LU/06/048.03.1. As obras de acceso ao porto de Burela foron licitadas por Resolución do 28 de decembro de 2006 (DOG nº 9, do 12 de xaneiro de 2007) e iniciáronse o 6 de outubro de 2007. Durante a fase de execución das obras xurdiu a necesidade de modificar o proxecto orixinal para, por unha parte, diminuír o impacto visual e, por outra, mellorar a súa funcionalidade. Isto motivou a paralización das obras en marcha e a redacción dun documento que agora se somete a información pública e onde se reflicte a traza actualmente proposta e que permitirá, unha vez aprobada definitivamente, o remate das obras. A necesidade desta actuación apóiase na conveniente creación dun sistema viario que permita unha nova canalización do tráfico rodado derivado da actividade que produce o porto de Burela, onde se facilitará  e axilizará o tránsito pesado ao dito porto, reducindo os riscos e distorsións ambientais que significa o paso deste tipo de vehículos polo núcleo urbano, necesidade reflectida no planeamento urbanístico vixente no municipio de Burela. As normas subsidiarias de planeamento aprobadas o 22 de abril de 1988 foron modificadas puntualmente para incluír no planeamento a traza desta nova vía. Esta modificación apróbase definitivamente por Orde do 26 de xullo de 2005. Así mesmo, a resolución do 28 de outubro de 2005 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental estableceu a non necesidade de someter o proxecto orixinal ao trámite de avaliación de impacto ambiental. O proxecto actual o único que fai é diminuír o impacto visual da traza inicialmente prevista e actúa case na súa totalidade en zona xa alterada polas obras. Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente, RESOLVO: Primeiro.-Que o proxecto de construción de actualización e terminación das obras e acceso ao porto de Burela, clave: LU/06/048.03.1, se someta, consonte o determinado no artigo 15 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, ao trámite de información pública, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito ante a Dirección Xeral de Infraestruturas as observacións que crean convenientes relativas ás circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da estrada e sobre a concepción global da súa traza. Segundo.-Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1º  do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente ao proxecto de trazado da obra de referencia, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa. Terceiro.-O período de información pública será de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e o expediente está exposto ao público na Dirección Xeral de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas de Lugo e no Concello de Burela. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: (http:\\www.cmati.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/pid/2199), atópase ao dispor dos interesados un documento resumo do proxecto. Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2011. Ethel Vázquez Mourelle Directora xeral de Infraestruturas

Exit mobile version