Nota de prensa
O pasado venres 10 de marzo o pleno extraordinario do Concello do Valadouro aprobou por unanimidade a proposta do BNG para destinar 130.000 € do Fondo de Compensación Ambiental para o soterramento dos colectores de lixo situados nas rúas de titularidade municipal: Av. da Veiga, Avd. da Diputación, Feira Nova, Parque Rosalía de Castro, Praza de Santa María e Rúa do Caiado.
O grupo nacionalista tamén propuxo dito soterramento nas rúas Avd. de Viveiro, Andrés López Palmeiro, pero o Decreto polo que se convoca esta subvención impedía que se destinasen eses fondos nas rúas que non son de competencia municipal.
Dado que aínda quedan por solucionar problemas nestas e nas demais rúas excluídas das medidas aprobadas, pedimos que o goberno municipal do PP se faga eco da demanda dos veciños e veciñas e solicite á Xunta de Galicia que soterre, coma xa fixo noutros concellos, ditos colectores. Así, rematarán os cheiros e a suciedade coa que teñen que convivir os veciños e veciñas que teñen os colectores diante das súas casas e negocios.
O restante do fondo destinarase á compra dunha pala mixta para uso do Concello.