Nota de prensa:
A VINDEIRA SEMANA REMATARÁN AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DO NOVO VIAL QUE UNIRÁ A RÚA DOS INSTITUTOS CO PARQUE DO CAMPÓN, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR ALFREDO LLANO.
Burela, 24 de marzo de 2011. A vindeira semana rematarán as obras de construcción do novo vial que unirá a rúa dos institutos co parque do Campón, segundo ven de anunciar o alcalde de Burela, Alfredo Llano.
O rexedor dixo que “para a vindeira semana será unha realidade o novo vial que unirá a rúa dos institutos co parque do Campón. É algo demandado polos veciños e do que se trata é de facer unha mellora substancial para favorecer o tránsito do peóns, aínda que tamén haberá paso para os garaxes e para o aparcadoiro dos coches dos profesores ou dos alumnos do instituto”.
Llano asegurou que “a obra estará rematada para a vindeira semana, martes ou mércores. É unha obra rápida, quedará moi ben e penso que vai contentar aos veciños daquela zona. Complementaráse coa mellora das canalizacións de pluviais daquelas casas adxacentes a esa rúa e colocaráse algún punto de luz para que todo no seu conxunto quede integrado nesa área e darlle servizo a todos os veciños, tal e como viñan demandando desde hai tempo”.