Site icon Crónica3.com A Mariña

Amigos das Viaxes de Foz, de regreso da festa do Cocido de Lalín, viaxarán as Bardenas Reales e Lastres

Viaxe a festa do Cocido de Lalín, onde as 114 persoas desprazadas puidemos desfrutar dun fermoso día de festa,  boa gastronomía, e tamén puidemos coñecer o museo etnográfico, Casa do Patrón, onde se recollen numerosas pezas do pasado e a nosa forma de vida do medio rural. A seguinte saída será para o 25,26,27 de Marzo, a terras de Navarra (Tudela), para visitar o Parque de Bardenas Reales, así como Soria e Burgos, a saída será ás 14 h, do día 25 de marzo, e o prezo será de 159 €, en PC. Tamén haberá unha saída para o 8 de maio a Lastres (recentemente premiado pola súa beleza.) Asturias .

Exit mobile version