Viaxe a festa do Cocido de Lalín, onde as 114 persoas desprazadas puidemos desfrutar dun fermoso día de festa, boa gastronomía, e tamén puidemos coñecer o museo etnográfico, Casa do Patrón, onde se recollen numerosas pezas do pasado e a nosa forma de vida do medio rural. A seguinte saída será para o 25,26,27 de Marzo, a terras de Navarra (Tudela), para visitar o Parque de Bardenas Reales, así como Soria e Burgos, a saída será ás 14 h, do día 25 de marzo, e o prezo será de 159 €, en PC. Tamén haberá unha saída para o 8 de maio a Lastres (recentemente premiado pola súa beleza.) Asturias .
Amigos das Viaxes de Foz, de regreso da festa do Cocido de Lalín, viaxarán as Bardenas Reales e Lastres
Amigos das Viaxes de Foz, de regreso da festa do Cocido de Lalín, viaxarán as Bardenas Reales e Lastres
Relacionado
-
Ortigueira combinará tradición, deporte e música na I Xornada Mariñeira
-
A asociación Camiña incorpora novas tecnoloxías grazas ao apoio da Fundación Once
-
Mariña Patrimonio organiza este sábado, 28 de decembro, unha charla impartida polo escritor e experto en tradición oral, Xosé Miranda, baixo o título “Os contos eróticos na tradición oral”