“A vida é a túa única oportunidade, para medrar, para medirte ante as dificultades, para gozar de todo, para ser feliz e contribuír á felicidade dos demais e para deixar o mellor recordo de ti e vivir na mente e no corazón de tantos a quen podes axudar… ¡¡Vive e goza facendo o ben!!”
A fraseciña e de un de eses libros de axuda persoal, que o único que fan e axudarche a baleirar os petos dos poucos euros que che quedan.
O certo e que acabo de garabatear outro articuliño encol da CRISE que saíu duro e pesimista de abondo, por iso, en contrapartida, voulle dar a este algo mais de “ALEGRIA PAL CUERPO” que dicía un cantaor cañi cando a cousa ía decaendo. E antes de ofrecer algunhas reflexións e consideracións que creo moi convenientes e necesarias na situación de crise económica que vivimos a nivel mundo mundial e especialmente no noso país, tomeime a gratificante “molestia” de falar con persoas maiores de 90 anos, verdadeiros “optimistas vitais”, aínda áxiles de corpo e mente e, por suposto, cargados de experiencia. Todos coinciden en que os problemas e as crises de todo tipo, forman parte das nosas vidas e que o máis intelixente e práctico, independentemente das medidas que tomen políticos e persoas afíns, é aceptar a realidade e se é necesario vivir co imprescindible en situación de supervivencia, pero sen queixumes, sen tristezas e queixas que nada conducen, sendo máis optimistas vitais e máis entusiastas que nunca… “Ao mal tempo boa cara”, como di o refrán e afirman a maioría destes sabios case centenarios, porque aos lorchóns e queixicas cómeos a crise, enferman e quedan imposibilitados para atopar solucións.
Nesta vida, ninguén ten nada seguro e debemos estar alerta e sempre preparados por se logo de interpretar “O papel de príncipes”, durante un tempo, cambian as quendas e tócanos interpretar “O papel de esmoleiro”. Poden cambiar os nosos papeis segundo as circunstancias e os tempos, pero o que non pode cambiar, e iso depende da nosa actitude positiva consciente.
Os optimistas vitais distinguímonos especialmente porque levamos escrita na nosa pel, a esperanzadora frase de Antonio Machado “Hoxe é sempre aínda” e non perdamos o optimismo, nin a ilusión, nin a esperanza mentres nos sentimos vivos. É máis, precisamente o sentirnos vivos alenta o noso optimismo, (o noso pensamento de esperanza) quen nos enche de vida e de felicidade.
Esta crise, calquera crise, todas as crises supéranse de forma individualizada, activando ao máximo esas fortalezas humanas que nos legaron os nosos antepasados e que souberon utilizar en situacións e momentos moito máis críticos e terribles e con moitos menos medios e alternativas ao seu alcance. É agora, cando máis necesitamos exercitar; a tenacidade, a forza de vontade, a coraxe, a valentía, o xúbilo, a paciencia, a solidariedade e fraternidad, o amor a nós mesmos e aos demais, a empatía, o bo humor e o sentido do humor e por encima de todo, a confianza nas nosas capacidades, a esperanza e a alegría de vivir…
Os tristes, os pusilánimes, os cenizos e os paxaros de mal agüero; os pesimistas e queixicas, os comodons, os cobardes, os parasitos e os badanas, terano verdadeiramente difícil e contaminarán coa súa actitude a quen permanezan ao seu lado.
O meu consello é que quen pretendan de verdade superar con éxito os tempos que corren e os que se aveciñan, desenvolvan ao máximo as fortalezas humanas que antes apunte e procuren elixir como compañeiros de viaxe a persoas verdadeiramente tónicas, dinámicas, cheas de ilusión e de esperanza… auténticos optimistas vitais, que lles contaxien as súas fortalezas e o seu entusiasmo e a certeza de que o segredo do éxito cando as cousas van fatal está en armarse de coraxe e pasar á acción facendo cada un por se mesmo e polos seus canto está na súa man e ademais, crear unha extraordinaria forza de conexión e de sinerxía, de suma de forzas e de estratexias intelixentes do “Todo para todos”, que nos ensina o principio “Gaño-Ganas”; é dicir que, ademais de pensar no meu propio ben e nos meus beneficios, non me esqueza de pensar tamén no beneficio dos demais.
Hai que saber harmonizar e compasar o traballo persoal co traballo en equipo. Todos traballamos para todos e aceptamos renunciar a cousas, para que outros se beneficien da nosa renuncia e xenerosidade e á vez nós tamén nos beneficiemos do sacrificio dos nosos semellantes.
Os optimistas vitais somos moi realistas. Temos moi claro que “A escaleira do éxito non se pode subir coas mans nos petos, tremendo de medo ante as dificultades”.
Nesta vida só podemos ser sobreviventes se sabemos facer da nosa existencia unha marabillosa aventura na que pode sucedernos de todo e precisamente por iso temos que estar preparados para todo, posto que en non poucas ocasións tocaranos vivir ao fío do imposible.
Os optimistas vitais que están comigo nesta aventura de ser e de sentirnos “Todos para todos”, saben tamén como eu que nesta vida, unha veces , bastantes por certo, atrevémonos a triunfar, eliximos o éxito e conseguímolo, pero non podemos evitar que en determinadas circunstancias e momentos non haxa outra saída que “fracasar con éxito”, por paradoxal que poida parecer.
“Fracasamos con éxito” os optimistas vitais que sabemos sacar plena rendibilidade aos aparentes fracasos que en realidade convertemos en aleccionadas experiencias que nos preparan e capacitan para saber vivir en calquera situación sen perder a ilusión, a esperanza e a alegría de vivir.
“Pisases o limiar do benestar cando empezos a sentirche satisfeito con apenas nada”. (Proverbio Chinés, pois o chinos ademais de vender caralladas non seus hiper tamen pensan, e moito).
Otero Regal