Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta remitiu ao DOG o anuncio de exposición pública do novo proxecto do acceso ó porto de Burela, asegura o PP

NOTA DE PRENSA

“A Xunta remitiu ó DOG o anuncio de exposición pública do novo proxecto do acceso ó porto”, afirma Barcia.

O portavoz popular agarda que anuncio se publique na próxima semana.

Asegura que a Xunta de Feijoo cumple co previsto e cumple coa lei.

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe que a Consellería de Medio Ambiente, Transportes e Infraestructuras, vén de enviar ó Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio de exposición pública do novo proxecto do vial de acceso ó porto de Burela. González Barcia espera que o anuncio se publique durante a próxima semana, e a partires desa data haberá un mes para a presentación de alegacións por particulares, e un máis para as administracións que se poidan sentir afectadas.

Barcia indicou que estaba previsto que o anuncio se remitira ó DOG a finais de febreiro, pero unha consulta previa da Dirección Xeral de Infraestructuras a Costas, para clarificar cuestións de tipo legal e técnico, motivou este pequeno retraso

O portavoz popular indicou que “tal e como dixemos sempre, esta obra é fundamental para Burela e por ela traballamos. Nós manifestamos no seu día que a Xunta de Feijoo apostaba por esta obra, paralizada durante a Xunta bipartita, e que por razóns dunha sentencia xudicial tiña que ver modificado seu proxecto. Cando o dixemos, o PP burelés xa tiña feitos os deberes, é decir, reunirse con quen había que reunirse e falar con quen había que falar, cousa que outros non fixeron, ainda que se fartaron de darlle ó palique na prensa. E tamén dixemos que para seguir coa obra había que realizar a exposición ó público do proxecto. E así foi. O mesmo Presidente de Portos de Galicia, na visita que fixo o pasado mércores a Burela, dixo que ‘en breve habería solucións positivas’ para esta obra, e así é”.

González Barcia asegurou ademais que “o PP burelés sempre dixo a verdade sobre esta obra, ainda que ás veces non nos guste, porque nós desexaríamos que a obra xa estivera acabada, pero a Xunta non se pode saltar á torera a lexislación, e tén a obriga de cumprir unha sentencia que tén a súa orixe no momento en que a Xunta bipartita se salta á torera o proxecto inicial da obra e o modifica sen exposición pública”.

Barcia manifestou que “nós puidemos ver o proxecto na entrevista tanto co Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, como na reunión coa Directora Xeral de Infraestructuras, Ethel Vàzquez. Ese cambio de proxecto provoca que o investimento se duplique”.

O presidente dos populares bureleses indicou que “aqueles que afirmaron que deron por morta esta obra estaban equivocados. Ainda onte, no pleno burelés, puidemos ver como o alcalde se ría a mandíbula batiente afirmando que nunca máis se ía mover un dedo por esta obra. Algún, en vez de darlle á lingua na prensa, tén que ir máis pola Xunta para falar cos conselleiros, en vez de agardar sentado no sillón do despacho a cobrar o soldo a fin de mes”.

Exit mobile version