Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta presentará en Lugo un plan para definir os sectores prioritarios da provincia

Nota de prensa

A XUNTA PRESENTA O VENRES EN LUGO O PLAN ESTRATÉXICO DO PROGRAMA IMPULSA

* Este Plan Estratéxico recolle a aposta da Xunta por intensificar aos sectores prioritarios e emerxentes

Santiago, 20 de marzo de 2011.- O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, acompañado dos conselleiros de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentarán en Lugo o vindeiro venres o Plan Estratéxico do Programa Impulsa Lugo.

Este Plan Estratéxico recolle a aposta da Xunta por intensificar aos sectores prioritarios e emerxentes da provincia. O obxectivo primordial é definir os sectores prioritarios da provincia de Lugo, intensificar e incrementar as axudas xa vixentes no Plan Impulsa Lugo para así abaratar o solo, financiar os investimentos, crear liñas de crédito con subsidiación de tipos de interese e subvencións a fondo perdido para todos aqueles que se queiran instalar na provincia de Lugo.

Dentro do Plan Impulsa Lugo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, presidiu o pasado 11 de marzo o acto da posta en servizo do Parque Empresarial das Gándaras en Lugo, no que se investiron 40 millóns de euros, e que na súa primeira fase consta cun espazo de case 900.000 metros cadrados, dos cales 400.000 serán de uso industrial e comercial, distribuídos en 114 parcelas, e que permitirá a Lugo contar cun total de case 2.2 millóns de metros cadrados de solo industrial, o que supón unha oportunidade para os investidores, empresarios e emprendedores.

Ademais, seguindo as directrices do Plan Impulsa, sabendo das dificultades da crise nas que nos atopamos, non só se van subvencionar a compra das parcelas do Parque Empresarial senón que tamén se vai aprazar o pago desas parcelas a tres anos, necesario para impulsar o investimento produtivo e traballar co obxectivo final que é o emprego coma garantía de benestar, dignidade e liberdade das persoas.

As medidas tomadas polo Plan Impulsa posibilitan conseguir subvencións de ata o 50 por cento dos investimentos, e grazas a este Plan obtivéronse 122 millóns de euros de subvención e o mantemento e a creación de 400 postos de traballo.

Exit mobile version