Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta e o Concello de Cervo deben aclarar se a xestión da futura residencia vai ser pública ou privada, asegura o BNG

Nota de prensa:
XUNTA E CONCELLO DEBEN ACLARAR SI O MODELO DE XESTIÓN DA FUTURA RESIDENCIA VAI SER PÚBLICO OU PRIVADO

O modelo privatizador que o PP está a aplicar nos servizos sociais pode deixar fora a moitos dos potenciais usuarios cervenses desta infraestrutura

Non serviría aos intereses locais que o concello poña os terreos e non se reserven prazas para os veciños e veciñas de Cervo

Cervo, 28 de marzo de 2011. Ao BNG preocúpalle o modelo de xestión que a Consellaría de Benestar ten previsto para a futura residencia de San Cibrao. Os nacionalistas queren saber si a xestión vai ser pública ou privada e advirten que si a Xunta segue coa súa teima de poñer cartos públicos para a construción e despois privatizala como fixo coa de Viveiro ou a de Xove vai haber xente que quede sen poder acceder a ela por motivos económicos. Os nacionalistas ademais advirten que si o concello pon os terreos ten que haber reservas para os veciños e veciñas de Cervo, do contrario non existen garantías de que esta infraestrutura serva realmente aos intereses das xubiladas e xubilados cervenses.

O BNG quere que se aclare si o modelo de xestión da residencia vai ser público ou privado

Si o PP ten previsto aplicar o modelo de xestión privada para a futura residencia de San Cibrao, tal como fixo coa construída en Viveiro na etapa do BNG no goberno autonómico, moita xente potencial usuaria do servizo, terá dificultades económicas para poder acceder a el, tal como sucede nas dúas construídas na Mariña en Xove e no Valadouro con diñeiro público e despois entregadas a unha empresa privada que cobra cantidades moi por riba da media das pensións dos xubilados e xubiladas mariñaos. Por este motivo, o BNG advirte que non sería de recibo que o concello regale os terreos e despois os xubilados e xubiladas de Cervo non teñan garantido o seu acceso. O portavoz municipal Xoán Estúa advertiu, “non se trata de poñer a venda antes que a ferida, e totalmente previsíbel que o PP utilice os cartos públicos para construír e despois converta o que debería ser un servizo público nun negocio que exclúe a aqueles que non teñen capacidade económica para pagar.”

Si non se reservan prazas para os veciños e veciñas de Cervo e posíbel que nin sequera podan facer uso da instalación.

Os nacionalista advertiron que a Xunta pode seguir o modelo de xestión da nova residencia de Viveiro, “o anterior goberno galego executou a obra coa previsión de facer unha xestión publica e chagou o PP privatizouna e nin sequera prevé facer reservas para os potenciais usuarios da comarca ou da localidade onte se asenta”. Estúa advertiu que coa de Cervo pode pasar o mesmo, onde están as cláusulas que garantan cando menos que unha porcentaxe das prazas vai ser para residentes no municipio que son os que poñen o solo?

Na mesma liña, avanzou que o BNG presentará iniciativas para coñecer tanto si o modelo de xestión da futura residencia vai ser público ou privado e si existirá un cupo de reservas de prazas para os 1200 potenciais usuarios e usuarias con residencia no concello de Cervo.

Exit mobile version