Site icon Crónica3.com A Mariña

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela contará de novo cun médico

Nota de prensa

UN MÉDICO TRABALLARÁ DESDE ESTA SEMANA NA UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR O ALCALDE. A PRAZA LEVABA VACANTE UN TEMPO.

Burela, 15 de marzo de 2011. Un médico traballará desde esta semana na Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano. A praza levaba vacante un tempo.

O rexedor dixo que “puidemos seleccionar un médico para a Unidade Asistencial de Drogodependencias, un posto que era moi necesario porque estivemos un tempo sen facultativo xa que a titular da praza marchou a Asturias”. Alfredo Llano manifestou que “debido ao traballo e á importancia da labor que desenvolve facíasenos moi necesario contar cun médico. Non foi nada doado conseguir que acudiran médicos á selección para ocupar esta praza. Agora xa temos un que formará parte da plantilla a partires de mañá ou de pasado mañá”.

O alcalde de Burela engadiu que “o facultativo terá que atender ben, como debe ser, aos pacentes que acuden todos os días a esta unidade e despois axudaranos a analizar na xuntanza que imos manter dentro duns días cos alcaldes da Mariña e cos responsables da UAD a evolución do consumo de drogas na comarca. Hai preocupación pola idade temprana á que a xente nova comeza a meterse neste mundo dos estupefacentes, polo que entre todos temos que tentar buscar solucións para evitar que esto vaia a máis”. Llano considera que o encontro cos alcaldes podería ter lugar na última semana de marzo ou na primeira de abril.

Exit mobile version