Nota de prensa
Unha vez mais á Plataforma Sanitaria en defensa da sanidade pública e da área norte de Burela chegan queixas das ciudadanas da Mariña.
Dende que os Médicos de Familia dos centros de saúde da comarca asumiron a realización das citoloxías das aseguradas do seu cupo, a lista de espera para esta proba rebaixouse considerablemente, non así o tempo de espera do resultado das mesmas, que en este momento está a ser de 9 a 11 meses.
Isto é debido a que o Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa ( 3 técnicos e 2 Anatomopatologos) ten que asumir un aumento de carga de traballo dunha 50% en citoloxías e un 171% en biopsias.
Esta Plataforma preguntase: de que sirve que as mariñáns teñan acceso a unha citoloxía anual, cando a espera do resultado da mesma supera os 9 meses, e que en algúns casos dos que temos coñecemento o resultado foi positivo.
Esiximos a quen proceda que tome medidas que corrixan esta situación tendo en conta que o tempo nestas patoloxías e vital.