Site icon Crónica3.com A Mariña

Na parroquia Penasagudas-Monte, en Xove, celebran as festas do San Isidoro toda a fin de semana

NOTA DE PRENSA.-

MAÑÁ COMEZAN AS FESTAS DE SAN ISIDORO EN PENASAGUDAS-MONTE

O Programa das Festas é o seguinte:

VENRES, 1 DE ABRIL: Vai comezar esta Festa cunha Verbena a partires das 9 da noite coa formación musical: “ABANICO”.

SÁBADO, 2 DE ABRIL:

-12:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.

-14:00 horas.- Sesión Vermú con “MASTER”.

-15:00 horas.- Xantar Veciñal, aberto a tódolos públicos, servido pola Empresa Villapol nunha carpa cuberta. Neste xantar, ademáis dos veciños, poderá participar calquer persoa de fora previa adquisición no Centro Social da Parroquia dun ticket de 20 euros.

-17:00 horas.- Verbena con: “MASTER” e “DÚO DE GALICIA”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.

DOMINGO, 3 DE ABRIL:

-10:00 horas.- Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola Comisión de Festas”.

-Despois do Xantar, Verbena co: “DÚO GALICIA”.

A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos tres dias da festa.

A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.

Exit mobile version