Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación responde á CIG que “seguirá creando emprego na provincia”

Nota de prensa:
COMUNICADO DA DEPUTACIÓN DE LUGO SOBRE AS DECLARACIÓNS DA CIGA

Con respecto ás declaracións deste Sindicato sobre o Lugo Emprega, a Deputación quere manifestar o seguinte:

1º As bases do Plan Lugo Emprega foron aprobadas no Pleno da Deputación en decembro e respaldadas por 66 Concellos que voluntariamente decidiron adherirse ó programa. Dende ese momento, non se produciu ningún tipo de reclamación nin por parte de particulares, nin por parte de Alcaldes nin por parte de ningún Sindicato, polo que o respaldo e a legalidade das bases están fóra de toda dúbida.

2º 6.700 persoas se presentaron ás 711 prazas convocadas pola Deputación, polo que 711 se están incorporando estes días ó seu novo posto de traballo e outras 5.989 quedaron fóra do proceso selectivo; situación que a Deputación entende que non debe ser manipulada por ninguén tendo en conta que o emprego é hoxe o que ten que unir a todas as administracións e organizacións sindicais.

3º A Deputación subraia que os tribunais dos exames estiveron compostos por 10 reputados profesionais dos servizos provinciais, todos eles técnicos imparciais, e sen intervención política. Precisamente, a Deputación realizou este proceso porque os Concellos pequenos manifestaron que non dispoñían de recursos para seleccionar as máis de 2.400 persoas que se presentaron nestes Concellos. Os grandes, que sí dispoñen de posibilidades para facelo, foron os encargados de levar a cabo os procesos nos seus municipios.

4º Tal e como establecían as bases do Lugo Emprega para a entrevista persoal, primáronse tres criterios: experiencia profesional, interese e adecuación ó posto, polo que a cualificación definitiva desta parte do exame é a suma das tres cuestións.

5º A Deputación de Lugo seguirá creando emprego na provincia.

Exit mobile version