Nota de prensa:
A DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA REALIZOU UNHA VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BARREIROS.
Barreiros, 24 de marzo de 2011. A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, realizou unha visita a Barreiros na que revisou as
instalacións da biblioteca municipal. En ditas instalacións dialogou
cos traballadores do centro e interesouse polos fondos existentes.
No marco da visita, Arias tamén fixo entrega á responsable da biblioteca
dun lote de libros con temática feminina e na súa maioría, coa firma
de escritoras de reconocido prestixio. Esta entrega encádrase no
programa que se está a desenvolver nas últimas semanas dende a
Delegación Territorial de Lugo con motivo da celebración este mes do
Día da Muller. Dende o Concello de Barreiros “agradecemos esta visita, é convidamos a todos os veciños para que se pasen a ver as novas instalacións da biblioteca, que xa están en funcionamento”.