Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería da muller de Ribadeo organiza dúas viaxes ao balneario de Guitiriz

Nota de prensa:
A CONCELLARÍA DA MULLER ORGANIZA DÚAS VIAXES AO BALNEARIO DE GUITIRIZ OS DÍAS 10 E 11 DE ABRIL, DENTRO DO PROGRAMA O TEU TEMPO É PARA TI. AS INTERESADAS EN ACUDIR PODERÁN INSCRIBIRSE A PARTIRES DO VINDEIRO VENRES.

Ribadeo, 29 de marzo de 2011. A Concellaría da Muller organiza dúas viaxes ao balneario de Guitiriz os días 10 e 11 de abril, dentro do programa O teu tempo é para ti.

A edil Mariluz Álvarez Lastra lembrou que “se trata dunha actividade para todas as mulleres do noso concello. É unha nova viaxe, tal e como vimos facendo desde o 2007, ao balneario de Guitiriz. Nesta ocasión haberá dúas sesión, unha viaxe está programada para o 10 de abril (domingo) pola tarde e outra para o 11 de abril (luns) pola mañá”.

A concelleira nacionalista subliñou que “todas as mulleres que desexen participar deben inscribirse chamando ao teléfono do CIM 982 120 739 en horario de oito da mañá a dúas da tarde do 1 ao 7 de abril. O custe da actividade será de 20 euros e as prazas son limitadas. Aquelas mulleres interesadas en participar que se anoten canto antes posto que as prazas reservaránse por estricta orde de inscrición”. Álvarez Lastra explicou que “as prazas coas que contamos son 55 para o domingo e outras 55 para o luns. Trátase dunha actividade de relaxación no balneario de Guitiriz na que as participantes poderáA CONCELLARÍA DA MULLER ORGANIZA DÚAS VIAXES AO BALNEARIO DE GUITIRIZ OS DÍAS 10 E 11 DE ABRIL, DENTRO DO PROGRAMA O TEU TEMPO É PARA TI. AS INTERESADAS EN ACUDIR PODERÁN INSCRIBIRSE A PARTIRES DO VINDEIRO VENRES.

Ribadeo, 29 de marzo de 2011. A Concellaría da Muller organiza dúas viaxes ao balneario de Guitiriz os días 10 e 11 de abril, dentro do programa O teu tempo é para ti.

A edil Mariluz Álvarez Lastra lembrou que “se trata dunha actividade para todas as mulleres do noso concello. É unha nova viaxe, tal e como vimos facendo desde o 2007, ao balneario de Guitiriz. Nesta ocasión haberá dúas sesión, unha viaxe está programada para o 10 de abril (domingo) pola tarde e outra para o 11 de abril (luns) pola mañá”.

A concelleira nacionalista subliñou que “todas as mulleres que desexen participar deben inscribirse chamando ao teléfono do CIM 982 120 739 en horario de oito da mañá a dúas da tarde do 1 ao 7 de abril. O custe da actividade será de 20 euros e as prazas son limitadas. Aquelas mulleres interesadas en participar que se anoten canto antes posto que as prazas reservaránse por estricta orde de inscrición”. Álvarez Lastra explicou que “as prazas coas que contamos son 55 para o domingo e outras 55 para o luns. Trátase dunha actividade de relaxación no balneario de Guitiriz na que as participantes poderán disfrutar dunha sesión completa tanto nos distintos circuitos como nas piscinas ao longo de tres horas”.

Desde o CIM sinalan que “con este programa iniciado no 2007 queríamos achegarlles ás mulleres un tempo para elas, para o seu disfrute, sen obrigas, sen quefaceres, de relax, de distracción e de convivencia con outras persoas”.n disfrutar dunha sesión completa tanto nos distintos circuitos como nas piscinas ao longo de tres horas”.

Desde o CIM sinalan que “con este programa iniciado no 2007 queríamos achegarlles ás mulleres un tempo para elas, para o seu disfrute, sen obrigas, sen quefaceres, de relax, de distracción e de convivencia con outras persoas”.

Exit mobile version