Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños Valdeflores de Xunqueira planta arbores autóctonos coa axuda de Alcoa

Nota de prensa

Maña as 11 A ASOCIACION DE VECIÑOS VALDEFLORES DE XUNQUEIRA plantará arbores autóctonos na zoa do campo da festa e paseo fluvial.
E invitan a participar na plantación de especies de arbustos e árbores autóctonas «nun modesto intento de colaborar coa rexeneración da vexetación» da zona.
A plantación celébrase no marco do Día dos Bosques Autóctonos e baixo o lema ‘Recuperemos as nosas arbores’.
Así, por segundo ano consecutivo, levará a cabo esta actividade na que se plantarán castaños, carballos, loureiros, amieiros, vieteiros e acacias.
O día dos Bosques Autóctonos conmemórase desde fai máis de dez anos unido á traxectoria de distintos colectivos naturalistas, ambientalistas e ecoloxistas repartidos pola Península e para celebrar o comezo da época de plantación que durará ata mediado marzo.
Deste xeito, con estas plantacións preténdese «sensibilizar» á poboación e reivindícase a «conservación de matogueiras e arboredos autóctonos fronte aos cultivos forestais», e a diversidade do bosque autóctono coa plantación de diferentes especies de arbores, arbustos e árbores propias do lugar fronte aos monocultivos. Con esta plantación, as organización convócante queren aproveitar para recordar as súas formulacións e peticións ao Concello, en relación co campo da festa e veira do rio Xunqueira.
Esta actividade esta subvencionada por o plan BRAVO De Alcoa do ano pasado, e empregados desa empresa que viven en Xunqueira participaran na actividade.

Exit mobile version