NOTA DE PRENSA
SOCIACIÓN A ANXUELA SAN CIPRIÁN
Novos integrantes para o colectivo cultural que impulsa as principais citas festivas da Península da Paz
A asociación “Anxuela de San Ciprián”, que organiza as festas do Carme e da Maruxaina, renovou a súa Xunta Directiva
* Tres mulleres: Tania González, Aida Basanta e Montse González ostentarán a presidencia, vicepresidencia e secretaría da asociación.
* Jesús Mota será o novo tesoureiro, xunto a un amplo número de vocais, veciñas e veciños de San Ciprián.
Cervo, 3 de novembro de 2011.- A Asociación “Anxuela de San Ciprián” encargada da organización das festas na honra da Virxe do Carme e a cita de interese turístico autonómico da Maruxaina, acordou no día de onte a renovación da súa Xunta Directiva. A partir de hoxe tres mulleres: Tania González, Aida Basanta e Montse González ostentarán a presidencia, vicepresidencia e secretaría da asociación, xunto a Jesús Mota, que actuará como tesoureiro, e un amplo número de veciñas e veciños de San Ciprián que actuarán como vocais.
O colectivo organizador das principais citas festivas da localidade xa está traballando na organización de distintas actividades para recadar o financiamento necesario e na creación da Comisión de Festas que na presente anualidade asuma a responsabilidade de organizar ambas citas.
Os novos responsables de “Anxuela de San Ciprián” quixeron iniciar a súa andaina agradecendo dun xeito moi destacado o traballo desenvolvido pola anterior Xunta Directiva e Comisión de Festexos 2010 que fixeron un grande esforzo na organización destas actividades.
Nas vindeiras semanas desde “Anxuela de San Ciprián” darán a coñecer os integrantes definitivos da Comisión de Festas, cuxa directiva non ten por que coincidir coa da asociación organizadora, e prometen esforzarse ao máximo para realizar un programa de festas para disfrute de todos os veciños obxectivo para o que esperan a colaboración de todos.