Site icon Crónica3.com A Mariña

A área de Deportes da Deputación invistiu 30 mil euros na pista de padel da Marosa en Burela

Nota de prensa

ANTONIO VEIGA VISITOU A NOVA PISTA DE PÁDEL DE BURELA

A Área de Deporte investiu 30.000 euros nesta instalación, que ven a completar a oferta deportiva de Burela: na Marosa xa contaba con dúas pistas de tenis, un campo de herba artificial e outro de herba natural

BURELA, 28 de marzo de 2011. O delegado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, maila concelleira de Deportes de Burela, Neves Cando, visitaron esta tarde as instalacións deportivas que se atopan na Marosa, en Burela, onde se realizaron as obras de construción dunha nova pista de pádel, cun orzamento de 30.000 euros que achegou a Área de Deportes.

Como sinalou Veiga, “esta pista de pádel ven a completar a oferta deportiva de Burela que, grazas á Área de Deporte da Deputación e á inmellorable xestión da súa concellería de Deporte, dá deste xeito aínda máis alternativas de ocio saudable aos veciños de Burela”.

A pista ten unhas dimensións de 20×10 metros, e conta cun peche de vidro en cerco metálico e céspede artificial no chan. Está iluminada por 4 torretas de 6 metros de altura cunha potencia de 400w cada unha. Como lembrou Veiga, “a Área de Deporte da Deputación de Lugo continúa dando o seu apoio aos concellos grandes, medianos e pequenos, e deste xeito cúmprese pouco a pouco o noso obxectivo de dotar de infraestruturas e facilidades en materia de deporte a todos os concellos que o requiran e así, a todos os lucenses”.

Exit mobile version