A alameda dos Remedios en Mondoñedo acolle o día 20 a sétima xornada da Liga Nacional da Billarda
redac
Nota de Prensa
7ª Xornada LNB
No mes de febreiro non houbo actividade billardeira na conferencia NorLeste (algúns palanadores que non poideron soportar un mes enteiro sin billarda desprázaronse a xogar a outras Conferencias donse si houbo torneos). A xente tomouse un descanso e centrouse mais en disfrutar do antroido e sobretodo dos cocidos, dos fereixós, as orellas, etc. etc. Xa acabou a troula e daquela, parafraseando o coñecido palanador mariñan Juan Pico , “logo de enche-lo bandullo démoslle o garabullo”. Todos atentos e acudamos en masa a cita do vindeiro domingo dia 20 de marzo na alameda dos Remedios de Mondoñedo, para disputar a 7ª xornada da LNB e loitar pola afamada Tarta que será o premio especial para o gañador.
Restan somentes tres xornadas e ainda está todo por decidir. Son moitos os palanadores que estan na loita e poden clasificarse para as finais de Conxo e agárdase unha agarrada sin cuartel para acadar o título de Campión Individual. Ainda que tres palandores se destacan na cabeza da clasificación, poden ser alcanzados polos seus perseguidores a nada que afloxen ou se despisten no xogo.
Facemos un chamamento xeral e convidamos a todos: avós, pais, fillos/as e netos/as a se achegaren ata a Alameda dos Remedios o vindeiro domingo para as 16,00 h. participar con nos no “II Aberto da tarta de Mondoñedo” de Billarda.