Nota der prensa
O ALCALDE TILDA DE DISCULPAS INFANTILES AS DADAS POLO REXEDOR DE CERVO PARA EXPLICAR QUE ALFREDO LLANO NON INTERVISE NO ACTO DE INAUGURACIÓN DA DEPURADORA DA SENRA, QUE TIVO LUGAR O PASADO VENRES.
Burela, 14 de marzo de 2011. O alcalde de Burela tilda de disculpas infantiles as dadas polo rexedor de Cervo para explicar que Alfredo Llano non intervise no acto de inauguración da depuradora da Senra, que tivo lugar o pasado venres e que contou coa presencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Llano fala de falla de respecto institucional.
O alcalde de Burela sinala que “a miña intervención nese acto sería unha oportunidade de quedar todos ben, dado que esto non é un servizo supramunicipal coma unha Capitanía Marítima ou un hospital, esto é un servizo compartido. O Concello de Burela está no consorcio ao 50% ao igual que Cervo, a representación, a xestión e a explotación depende do consorcio e eu estou a representar a Burela neste ente e considero que debería ter a oportunidade de falar”. O rexedor burelés manifesta que “sería bó porque o acto quedaría máis completo e sería valorado positivamente por todos, dado que había veciños dos dous concellos. Agora andan sacando disculpas infantiles que nin van nin veñen, todo eso non serve para nada”. Alfredo Llano pensa que “foi unha oportunidade de amosar educación e respecto institucional, pero non se fixo así”.
Ourizo
Sobre a polémica desencadeada coa celebración das xornadas gastronómicas do ourizo previstas para a vindeira fin de semana en Burela, o alcalde di que “nós sempre somos respectuosos coa festa do ourizo de Cervo, a importancia que ten a de Cervo non lla vai sacar a de Burela nin moito menos”. Alfredo Llano explica que “en Burela viñémola facendo nas mesmas datas, coincidindo co 18 e 19 de marzo, os únicos que variaron as fechas este ano foron eles, non é que nós non os queiramos respectar, xa nos coñecen e nós non imos facer nada para perxudicar a ningún concello e menos á festa do ourizo de Cervo. O único que ocorre é que si agardamos moito máis despois da súa data non teremos ourizos para facer a promoción deste produto en Burela”. O rexedor insiste en que “os que cambiaron a data de celebración foron os de Cervo e hai que ter en conta que o produto ten unha caducidade e en abril xa non estaríamos en condicións de facer estas xornadas”.
Auga
Alfredo Llano aludiu ao abastecemento de auga a Cervo e a Burela e subliñou que “é unha obra moi boa, que nos beneficiará aos dous concellos. No noso caso era necesario substituir a vella traída por esta nova, algo que garantizará que contemos cun abastecemento durante moito tempo sen avarías. Esta estación de tratamento axudará a eliminar unha serie de residuos que antes era moi difícil, agora será moi complicado que a auga saia achocolatada. Gañaremos tamén en calidade e eso significa que as poboacións de Cervo e Burela poden seguir medrando porque o abastecemento chegará a todas as casas sen problema”.
O rexedor de Burela abogou unha vez máis por “proceder á limpeza do encoro de Rúa, porque hai 22.000 metros cúbicos de lodos, que están a ocupar o sitio da auga pura e cristalina. Agora tiraremos dous concellos do mesmo abastecemento, aínda que temos bombas en Ríocobo habería que bombear o mesmo posible porque eso encarecería moito o servizo”. Llano comentou que “no consorcio estamos a traballar para axilizar que a xestión se poña en funcionamento o antes posible, calculamos que será dentro duns catro meses e medio e namentras encargaráse de todo Augas de Galicia. O que faremos tamén neste tempo será facer unha boa labor buscando e contratando unha empresa explotadora do servizo”.