Nota de prensa
Fai uns meses, comezou a circular por Burela unha carta, supostamente do Ministerio de Vivenda, na que se animaba ós veciños a participar na adquisición dunha serie de vivendas situadas nun edificio moi cercano ó Hospital da Costa, a modo de vivendas de protección oficial. Ó parecer a empresa Vilamiño era a responsable desta operación e os interesados tiñan que entregar determinada documentación nun banco, encargado de escoller os futuros propietarios das vivendas, así transcorreu un prazo no que os interesados fomos, á parte de recopilar e entregar toda a documentación, algúns de nos, pedindo axudas e subvencións para a vivenda.
O sistema era o seguinte: os propietarios formabamos unha cooperativa que cada mes asume o pago das vivendas, de xeito que se algún mes un membro da cooperativa non podía pagar, o resto asumían esa débeda.
Transcorreu o tempo ata que esta semana, o martes 8 fomos citados os agraciados coas vivendas para unha cita o xoves 10 ás 10 da mañá no propio edificio. Cando chegamos alí e agardabamos apareceu o dono de Vilamiño reuniunos nunha sala no interior do edificio. Explicounos todo o proceso, posto que algúns dos futuribles propietarios aínda non coñecían o sistema anterior e ó rematar comunicounos que finalmente todo era unha estafa que á el e á súa empresa lle fixeron.
Ante a incredulidade dos asistentes, explicounos que con el contactara unha cooperativa de Burgos para ofrecerlle esa operación e que a víctima era él, posto que acababa de recibir unha notificación auténtica do Ministerio de Vivenda reclamándolle que o que pretendía facer era ilegal e que o ministerio descoñecía e por suposto non se facía responsable das cartas falsas que dese mesmo ministerio membrete oficial incluído circularan pola vila.
Acto seguido e mentres a meirande parte dos presentes seguíamos sen poder crer o sucedido e mostrabamos o noso malestar ofreceunos una única solución, que era un aluguer con opción a compra das vivendas un 40 % mais caras. Cando a maioría comezaba a marchar, algún preguntou se nos podía firmar a opción de compra por escrito e negouse, dándolles simplemente a súa palabra, cousa que a meirande parte dos asistentes, por suposto non aceptamos.
Cando o dono de Vilamiño veu que se lle estaba a escapar 26 compradores de unha vivenda, nunha última intentona comentou que podía volver a por os pisos en venta libre a un prezo moi superior o amosado na publicidade e nos documentos que entregara os días anteriores. Supostamente a subvención que otorgaran o edificio, xa non valía e un piso de 50m2 pasaba de 53.517€ (178.39€ * 12 meses * 25anos) a valer 82.140€.
¿Para onde ía o 40% de axuda que tiñan estes pisos? Non o sabemos, pero menos mal que non entregamos os 1000€ de entrada senón estaríamos falando de unha estafa maior.
Tódolos afectados mostramos o noso malestar e a nosa indignación e sentímonos estafados e enganados, posto que cremos que se xogou coas nosas ilusións. Uns pediron días no seu lugar de traballo para xestionar a compra, outros xa comezaran a planificar como amoblalos pisos e moitos de nos teremos que devolver subvencións que foron ou poden ser concedidas.
Un grupo de veciños de Burela estafados polo caso Vilamiño.