UNIFOZ, estará maña ás 21:00 h en Vilaronte no C.Social do Castro para facer a presentación desta Formación Política ante os veciños de Vilaronte, e de todos os que queiran acudir ó acto.
No acto presentaremos a nosa candidata por esta parroquia Mª JOSÉ POSADA, así mesmo queremos dar a coñecer as propostas de UNIFOZ os/as veciños de Vilaronte e da zona rural, para o emprego, para os S.Sociais, turismo rural, para o aforro enerxético, o noso apoio a sector agricola e forestal, e de esa outra forma de gobernar en políticas de calidade e futuro.
As 20:00 h , UNIFOZ, xuntarase coa AA.VV de Vilaronte, para recoller as súas inquietudes e propostas.
UNIFOZ, presentarase na parroquia de Fazouro o sábado as 20:30 h.