Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ presentarase este venres no centro social de Cangas de Foz

Nota de prensa:
UNIÓN INDEPENDENTE DE FOZ (UNIFOZ), estará este venres ás 21 h. no Centro Social da parroquia de Cangas, co obxectivo de facer a súa presentación ante os veciños do medio rural e en particular aos veciños de Cangas, ASI COMO PARA PRESENTAR AO NOSO CANDIDATO NESTA PARROQUIA : NATANAEL FERNÁNDEZ

No acto falará : JESÚS GERARDO PILLADO NÚÑEZ

NATANAEL FERNÁNDEZ (candidato de UNIFOZ na parroquia de Cangas)

JAIME CANCIO RODRÍGUEZ

UNIFOZ, aproveitará este acto de presentación, tamén para recoller as propostas, suxestións e opinións dos veciños , coa finalidade de recoller as mesmas no noso programa de compromiso de goberno.

Neste acto, UNIFOZ dará a coñecer cales son as súas propostas para os veciños do medio rural, cun obxectivo claro de que os mesmos podan ter os mesmos dereitos e obrigacións que os veciños do medio urbano, pero sobre todo trasmitirlles esa ilusión por un cambio na forma de gobernar en especial no medio rural.

Vista a mala planificación e derroche de cartos en obras no medio rural a cargo de dous planes E, é necesario unha planificación sería de futuro e responsable.

UNIFOZ, antes da xuntanza mencionada, terá unha xuntanza cos representantes da AA.VV. da parroquia, para recoller as súas propostas e preocupacións.

Aproveitamos a ocasión para agradecer a colaboración e disposición da AA.VV.

Exit mobile version