Traballadores de Alcoa homenaxearon nunha comida a Samuel Gómez que se xubilou
redac
Un grupo de amigos, compañeiros de traballo na empresa Alcoa, participaron nunha comida de despedida a Samuel Gómez, recentemente xubilado da fábrica de alumina. Samuel traballou a quendas desde o ano 1979 en San Cibrao, como gran parte dos seus compañeiros, entre os que se atopan Antonio Vidal e Luís López, que aparecen na imaxe a ambos lados. O acto, no que participaron unha vintena de persoas, celebrouse en Viveiro.