Site icon Crónica3.com A Mariña

En Ribadeo suprimiron a mesa electoral de Rinlo con menos de 200 electores que votarán en Vilaframil

Nota de prensa

AVISO OFICIAL

SUPRESIÓN DA MESA ELECTORAL DE RINLO NAS PRÓXIMAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS

De acordo co disposto no artigo 26 da Lei Orgánica Electoral Xeral as mesas electorais non poden ter menos de 200 electores.

A Mesa de Rinlo ( 5ª B) na actualidade conta con 193 electores polo que o INE comunicou a este Concello a necesidade de adoptar a proposta de modificación correspondente. A Alcaldía dirixiuse ao INE precisándolle que se trata dunha situación, probablemente temporal, e que en calquera momento podería superar a cifra polo que se interesaba o mantemento de dita Mesa Electoral.

Pese a isto e ao ser por imperativo legal  non se pode manter a mesma polo que os electores de Rinlo deberán votar na mesa de Vilaframil,  (Sección 5ª Mesa A) nas próximas eleccións municipais de maio de 2011.

A Alcaldía, non obstante, porá os medios necesarios de se-lo caso para o desprazamento daqueles electores que non dispoñan de medios para acudir á mesa o dia da votación.

O que se fai público para coñecemento dos veciños da parroquia de Rinlo.

Exit mobile version