Site icon Crónica3.com A Mariña

Restrinxen o tráfico en Ribadeo para pintar a rotonda do Xardín, pasos elevados e o tramo Parador-Vilavella

Nota de prensa
MAÑÁ HABERÁ NOVAS RESTRICIÓNS DE TRÁFICO EN RIBADEO PARA PROCEDER AO PINTADO DA ROTONDA DO XARDÍN, DOS PASOS ELEVADOS E DO TREITO DE ESTRADA QUE VAI DESDE O PARADOR ATA A VILAVELLA.

Ribadeo, 24 de febreiro de 2011. Mañá durante a mañá estará pechado ao tráfico o acceso a Ribadeo desde o Xardín para proceder ao pintado da rotonda alí construida.

O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “como todo o mundo pode ver estes días proseguimos a toda velocidade, pero realizándoo moi eficazmente, estas obras no da nova rotonda do Xardín e dos pasos elevados da travesía. Mañá durante a mañá vai estar cortado ao tráfico o acceso a Ribadeo desde o Xardín para proceder ao pintando da rotonda, durante ese período os vehículos terán que desviarse polas rutas alternativas que Policía Local e empresa adxudicataria determinaron”.

Suárez Barcia dixo que “pola tarde vánse pintar os diferentes pasos elevados, que se estiveron construindo hai poucas horas, así como o vial que se aglomerou hai unhas semanas desde o Parador de Turismo ata a Vilavella. No día de mañá ben no Xardín, na Vilavella ou polo centro da vila haberá restriccións de tráfico, pero que son necesarias para poder pintar con garantías e con seguridade e despois ao longo da fin de semana se reanudará con normalidade a circulación e a xente poderá transitar con comodidade pola vila”.

Exit mobile version