Site icon Crónica3.com A Mariña

Recepción no Concello de Burela á selección infantil de fútbol sala da Mariña, subcampiona galega

Nota de prensa

RECEPCIÓN NO CONCELLO DE BURELA Á SELECCIÓN INFANTIL DE FÚTBOL SALA DA MARIÑA.

Burela, 14 de febreiro de 2011. O pasado venres día 11 ás 19:30 horas foi recibida no Concello de Burela a selección infantil de fútbol sala da Mariña, recentemente proclamada subcampiona galega.

Dende a Delegación de Deportes felicitan “a todos os xogadores polo éxito acadado e, asimesmo, aos adestradores. E tamén fixemos extensiva a nosa felicitación e agradecemento aos pais e nais destes xogadores que, co seu esforzo e dedicación, tamén contribuíron a esta merecida recompensa”.

Os xogadores e adestradores foron agasallados cun presente e quedaron emprazados para o ano que vén para festexar xuntos o título, neste caso xa, de campións.

Exit mobile version