Site icon Crónica3.com A Mariña

Rapaces do concello de Barreiros participarán nun concurso da TvG “Polo chan”

Nota de prensa
QUINCE RAPACES DE BARREIROS PARTICIPARÁN EN POLO CHAN DA TVG. OS PIRATAS DE PUNTA DO CASTRO VIAXARÁN A OURENSE O VINDEIRO SÁBADO PARA GRABAR O PROGRAMA.

Barreiros, 23 de febreiro de 2011. Un grupo de 15 rapaces de Barreiros participarán o vindeiro sábado na grabación do programa Polo chan da TVG. Concursarán baixo o nome de Os piratas da punta do Castro, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfonso Fuente.

O rexedor dixo que “se trata dun programa de humor amarillo, que se emite na Televisión de Galicia. Os rapaces de Barreiros, 10 concursante e 5 reservas, irán acompañados por o Arco da Vella, que acudirá a animalos”.

Fuente Parga contou que “no autobús que os levará a San Cibrao das Viñas en Ourense quedan 20 prazas libres. Os veciños que queiran participar na grabación do programa poden inscribirse no Concello ou chamándome directamente a min”.

A saía cara Ourense está prevista para as 10 da mañá e a grabación do programa para as 13:30. A volta será cando remate todo o proceso, que se prolongará por espacio dunhas tres horas.

Exit mobile version