Site icon Crónica3.com A Mariña

Poslles un uniforme e créense deuses

POSLLES UN UNIFORME E CRENSE DEUSES
Un uniforme e crense deuses? Un posto, ou cargo político e créense Obama. Supoño que o título non é demasiado enigmático, é fácil saber do que vou falar: corrupción, prepotencia, pedantería, narcisismo… en fin, nada novo.

Tiña este tema pendente de hai xa uns meses, cando un garda civil de tráfico paroume á saída de San Cibrao para facerme “soprar” e comprobar que non levaba alcol no sangue. Para os que non me coñezades debedes saber que nin bebo nin fumo, pero a contra tampouco fago deporte. Así que, como é evidente, o resultado deu negativo. Pero claro, un home, coas miñas pintas que saia dunha comida dos “AVENTADOS” pareceulles unha situación inequívoca de “Home bébedo que chega de festa e vai de listo”. Por iso o garda mosqueose ante o “0,0” que marcaba o aparatiño, case se sentía indignado de que eu non dese positivo e non me multar por iso. Tal é o caso, que me fixo repetir tres veces o soprido, baixar e obrigoume a darlle os papeis mentres outro garda revisábame o cochiño punto por punto., en isto que como un ten o seu xenio, pediulle ao garda que se identificara, el todo mosqueado, pasoume por diante dos fociños a identificación sen darme tempo a coller os datos, e dixo que non tiña por que facelo doutra maneira . Nada, todo perfecto, os meus papeis en orde, bueno o do seguro estaba descolorido e tiveno que presentar na semana seguente,o cochiño faltaballe unha “lucecita” de non sei que , e eu sobrio como o que máis. Resumindo multa, que paguei o contado, e ata logo Lucas

Todo iso non fixo máis que cabrear ao garda que parecía ter unha estraña obsesión con multarme. Quizais fose pola miña “pinta” ou porque simplemente non estaba amargado como el. O caso é, que tras 17 minutos retido nesa basta pantomima, o home viuse obrigado a deixarme marchar, pero non sen antes darme unha advertencia en grao sumo absurda: “unha das luces ten unha cor diferente, , pero tes que cambiar a lámpada”. Non se lle ocorreu nada mellor? Esa foi o seu breve e insulsa vinganza? Que triste existencia a dun ser que ten que recorrer á falsa indulxencia para crer que ten poder sobre os demais.

Finalmente funme para a miña casa e toda esa situación deume a pensar neste tipo de personaxes, que por levar un uniforme crense con máis poder ou dereito aos demais, cando, ironicamente, os policías e gardas de tráfico están para servirnos a nós, os cidadáns. É evidente que non TODOS son iguais, pero tamén queda claro que moitas persoas abusan da súa autoridade sen ningún motivo aparente. O “abuso” que sufrín eu non é nada denunciable, é dicir, ao min realmente deume igual, pero o importante de todo o asunto é a intención, a mirada, o xeito de pedir as cousas, ese ton “pedante e prepotente” coma se eles fosen ter razón en todo e eu só fose un escravo do sistema (quizais sexa tal cal, pero prefiro defender a pouca opinión que podamos ter).

Nun cómic recentemente adaptado á gran pantalla, Watchmen, aparecían unha serie de mensaxes ocultas durante toda a saga que rezaban: “Who watches the watchmen?” que chega a dicir “quen vixía aos vixiantes?”. Esta frase é moi especial, é dicir, hai uns gardiáns que protexen aos “non gardiáns”, persoas que vixían que todo estea en orde e siga un curso equitativo e legal. Pero realmente, quen se asegura de que esas persoas realmente fan ben o seu traballo? Difícil resposta, pois sempre haberá un que non terá que render contas ante ninguén, e esa persoa é a mesma que pode terxiversar o sistema ao seu antollo.

En España somos pioneiros nestas cousas, casos de corrupción temos máis que cancións populares, polo cal sería interesante facer un pouco de exame de consciencia sobre a relación de poder que existe entre as persoas que levan uniforme e as que non.

Continuando co tema do policía, eu non tiña que ocultar nada a ese axente, cumpría a lei á perfección, pero o feito de que estivese máis pendente de castigarme a min por calquera motivo antes de intentar protexerme de calquera cousa pareceume equivocado. Ao longo da miña vida cometín delitos menores á vez que outros os cometeron contra min. Intentáronme roubar, pegáronme, cuspíronme, insultáronme etc… e eu sei que en moitos casos nos que cometía un delito menor (unha canallada calquera) sempre me atopaba algún axente disposto a castigarme, pero sempre que me atracaron pola rúa (que recorde unhas 2 veces) non veu ninguén a protexerme, nin cando me pegaron nin cando abusaron de ningún xeito sobre o meu.

Baseándome na miña experiencia, as persoas que me vixían parecen facelo para coidar que eu pague as miñas multas e os meus impostos, pero cando eu os necesito nunca parecen estar para botarme un cable. Ou seña que son un dramático e parece que o mundo se vaia ao carallo agora mesmo porque o sistema é nefasto, pero unha vez máis, só quero recalcar o feito moi simple: Que teñan uniforme, non significa que teñan máis poder… eu iso xa o sei, pero… sábeno eles?

Otero Regal

Exit mobile version