Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE valora positivamente que Portos siga cos proxectos para un novo dique de abrigo Burela

Nota de prensa:
REGO VALORA POSITIVAMENTE O COMPROMISO DO PRESIDENTE DE PORTOS PARA SEGUIR COS ESTUDIOS E OS PROXECTOS DO NOVO DIQUE DE ABRIGO DE BURELA E O PORTO DEPORTIVO

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego reclamou tamén que non se eternicen os proxectos xa que é fundamental para o turismo da Mariña e a actividade do Porto

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu hoxe na Comisión 8º do Parlamento para preguntar ao Goberno sobre a data de remate das obras de ampliación do Porto de Burela , e tamén da ampliación do actual dique de abrigo e a construcción do novo porto deportivo.

Na súa intervención o deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego lembrou que a ampliación de 2ª fase acordada cos axentes económicos que operan no Porto, consistía na ampliación do dique de abrigo para facilitar a seguridade das zonas de atraque e tamén dar respostas axeitada ás demandas actuais e potencialas cara o futuro.

Rego valorou positivamente o compromiso realizado polo Presidente de Portos para seguir cos estudios e os proxectos do novo dique de abrigo de Burela e o portos deportivo. Sinalou tamén que paralelamente había programadas actuacións prioritarias para a construcción da T, para a tranquilidade das augas interiores e a reordenación das instalacións nautico-pesqueiras.

O deputado socialista reclamou tamén que non se eternicen os proxectos xa que é fundamental para o turismo da Mariña e a actividade do Porto. Nese senso asegurou que esta é unha actuación estratéxica que costa moito recursos, pero que xera moita actividade económica para a Comarca da Mariña “cunha instalación a mar aberto, que esta xustificada e demandada” .

Exit mobile version