Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reclama a explicacións ao conselleiro de Infraestruturas polo atraso das obras da LU-113

Nota de prensa

Reclama a comparecencia do Conselleiro de Infraestructuras no Parlamento

OS SOCIALISTAS RECLAMAN EXPLICACIÓNS POLA RETRASO NOS ACONDICIONAMENTOS DA ESTRADA LU-113

– O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal lembra que por un lado a Consellería realiza Informes Técnicos para avaliar as estradas do Ministerio de Fomento, en alusión ao documento elaborado pola Xunta sobre a autovía do Cantábrico, pero é incapaz de sacar adiante os seus propios proxectos

-Denuncia que é unha obra que non chegou a tempo de enlazar nos tramos da A-8 recentemente inaugurados polo Ministerio de Fomento e que ten prevista a súa futura conectividade na rotonda de Abadín

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2011. O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal anunciou hoxe que presentou diversas iniciativas na Cámara Autonómica nas que reclama explicacións polo retraso nos acondicionamentos da estrada LU-113 no treito Moncelos-Abadin. Ademais solicitou tamén a comparecencia do Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestructuras na Comisión 2º do Parlamento para dar conta deste asunto.

Ademais lembra que por un lado a Consellería realiza Informes Técnicos para avaliar as estradas do Ministerio de Fomento, en alusión ao documento elaborado pola Xunta sobre a autovía do Cantábrico, pero é incapaz de sacar adiante os seus propios proxectos.

O portavoz socialista sinala, na iniciativa rexistrada, que as obras do treito da estrada LU-113 entre Abadín e Moncelos foron licitadas no DOG de data 18 de setembro de 2007 cun prazo de execución de 24 meses. Con posterioridade no DOG de data 22 de febreiro de 2008, se adxudican as obras de acondicionamento da estrada LU-113 no treito Moncelos – Abadín (N-634), por importe de 4.769.327,44 € a unha UTE de empresas.

O parlamentario explica que esta actuación é moi necesaria e moi precisa para mellorar a mobilidade dos cidadáns dos concellos afectados: Lugo, Castro de Rei, Abadín, Outeiro de Rei e Cospeito. Advirte que é “unha actuación que a día de hoxe está sen rematar e sen poder ser utilizada pola cidadanía, máis de 110 habitantes que agardan por que se mellore a súa seguridade viaria”.

Denuncia que é unha obra que non chegou a tempo de enlazar nos tramos da A-8 recentemente inaugurados polo Ministerio de Fomento e que ten prevista a súa futura conectividade na rotonda de Abadín.

Pregunta Oral en Comisión

Por iso quere coñecer:

1.Cales son as causas do retraso que padece a execución desta obra de mellora de seguridade viaria?

2.A modificación do trazado para non afectar a un Muíño, pode xustificar un retraso na execución desta obra de 12 meses?

3.Que cronograma manexa actualmente a Consellería responsable da mobilidade en Galicia, para abrir ao tráfico esta estrada que vertebra a Terra Cha coa capitalidade da provincia e que da acceso a unha vía de alta capacidade?

4.Que responsabilidades se derivan desta actuación neglixente e que afecta a unha infraestructura de comunicación?.

Exit mobile version