Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE esixe á Xunta que “deixe de avalar actuacións urbnísticas ilegais” en Barreiros

Nota de prensa

OS SOCIALISTAS ESIXEN Á XUNTA QUE DEIXE DE AVALAR AS ACTUACIÓNS URBANÍSTICAS ILEGAIS DE BARREIROS

Mar Barcón sinala que a sentenza do TSXG da semana pasada ratifica a paralización das actuacións no concello por parte da Xunta na pasada lexislatura

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 11. A portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Mar Barcón, esixiu hoxe á Xunta presidida por Feijóo que deixe de avalar “política e economicamente” as actuacións urbanísticas ilegais de Barreiros. Así o dixo logo de coñecer a sentenza do TSXG que avala a paralización das actuacións no Concello por parte da Xunta na pasada lexislatura.

A responsable socialista sinala que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia “ven de ratificar a decisión tomada no seu día polo Goberno da Xunta de paralizar aquelas actuacións”. Ademais, engade, “avala as normas subsidiarias aprobadas polo Executivo autonómico” na etapa socialista, “amosándose de novo que as decisións municipais estaban claramente fóra da legalidade urbanística”.

Barcón pregunta á Xunta neste sentido si ten previsto “algunha actuación para pedir responsabilidades económicas ao Goberno municipal responsable deste fiasco” tendo en conta “os importantes prexuízos económicos e sociais que se teñen causado a particulares e ao erario público”.

Así o dixo logo de que, o pasado ano, o Goberno do PP decidira “aprobar un Plan Sectorial supramunicipal para completar os servizos públicos de que carecen as novas urbanizacións construídas na localidade. Lembrou que o conselleiro de Infraestruturas “anunciou o convenio como a solución aos problemas do Concello obviando a incerteza xurídica” destas actuacións impulsadas “pola irresponsabilidade do Goberno municipal”.

Mar Barcón critica esta decisión a pesares da existencia de numerosos contenciosos e procesos legais en marcha e de que o Goberno socialista suspendera, o 1 de febreiro de 2007, as normas subsidiarias do concello de Barreiros ditando unha normativa provisional. Esta actuación, sinala, respondía a unha “actuación insostible” do Concello que “mantiña unha política urbanística insostible e fora do marco legal”.

Lembrou que o Concello aprobaba desenvolvementos urbanísticos en solos urbanos consolidados que carecían das condicións para ter tal consideración e eran aprobadas “centos de licencias” a pesares de que carecían de cobertura legal e “amosándose que a insuficiencia dos servizos era unha constante nestes desenvolvementos”.

Exit mobile version