Nota de prensa
O PSOE da Mariña agradece o interese amosado polo Goberno Central cara a Comarca
O Ministro de Fomento, José Blanco, con motivo da inauguración de dous novos tramos da A-8, tamén quixo supervisar as obras de construcción do futuro edificio da Capitanía Marítima de Burela e aproveitou para presentar e apoiar ó vindeiro candidato á alcaldía de Burela, Alfredo Llano. Por todo isto, o PSdG-PSOE da Mariña quere agradecer o interese amosado, non só neste día, senón tamén durante toda a lexislatura, polo Goberno Central para continuar co progreso desta comarca.
Os socialistas da Mariña esíxenlle á Xunta de Galicia que faga o mesmo esforzo inversor que está a demostrar