Nota de prensa:
A agrupación Socialista de Foz, celebrou unha mesa redonda para analizar e debater o anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa
Foz 20 de febreiro de 2011.- O sábado, a agrupación Socialista de Foz, celebrou unha mesa redonda para analizar e debater o anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa, o acto desenrolouse no salón de actos do CENIMA. Participaron no debate José Carlos Ferreiro Otero Secretario de Educación e Cultura do PSdG- PSOE de Lugo, Arantxa Incera Concelleira de Educación no Concello de Foz e os membros da comunidade educativa da vila, Montserrat Blanco, Xefa de Estudos e mestra no CEIP Nº 1 de Foz e Inmaculada Naray Orientadora Escolar no IES de Foz, actuando como moderadora a responsable da secretaría de educación da executiva local, Mª Luisa Piñeira.
Neste acto ademais de explicar aos asistentes a postura do Partido Socialista diante deste proxecto de Lei, expúxose a realidade que se vive nos centros educativos da Mariña, onde afortunadamente non hai casos que revistan especial gravidade entre a convivencia do alumnado.
O final do debate, no que se considerou que esta lei non aporta ningunha medida preventiva, que seria o necesario para mellorar a convivencia nos centros, tales como educadores sociais, maior numero de orientadores, maior numero de profesorado para favorecer o desdobre nas aulas, mais profesores de apoio, rebaixar a ratio nas aulas, senón, que o único que aporta, son medidas punitivas a custe cero, os asistentes, entre os que se atopaban membros das ANPAS da Comarca da Mariña, realizaron unha serie de preguntas para expoñer a súa opinión ou ben para aclarar as dubidas que tiñan con relación a este texto.