Nota de prensa:
O pasado venres tivemos en Burela a grata visita do Ministro de Fomento, José Blanco para colocar a primeira pedra do novo edificio de Capitanía Marítima que se está a construir en Burela, e para posteriormente na casa do concello, e ante diante dos representantes de colectivos mais representativos e institucionais de Burela, asistir a unha expricación de cómo quedará a citada obra, a cal vai ser chamativa polo seu diseño e funcionalidade. José Blanco, que se amosou cordial e cercano a calquera persoa que o quería saudar ou falar con él, deixouse levar por unha axenda desenvolvida polo noso alcalde, Alfredo Llano, visitando as melloras que se fixeron na casa do mariñeiro (A Moncloa), no edificio de Portos de Galicia e tendo especial interese nas infraestructuras portuarias: a nave de redes, os almacéns de armadores, o arquivo da Confraría de Pescadores, a ampliación do porto comercial, as instalacións de ABSA, e incluso unha reunión con armadores que lle explicaron as súas inquedanzas que Blanco lles prometeu estudiar.
Sen embargo, dende esta executiva socialista queremos denunciar públicamente a esixencia feita pola presidenta da AA VV O Vencello, na que aparte de non valorar a inversión feita ata o de agora polo Ministerio de Fomento no noso pobo, atreveuse a exisirlle, dunha forma partidista e electoralista, que axilice o corredor Barreiros-San Cibrao, e con modos non adecuados e totalmente fora de lugar. A súa petición foi en todo momento ilóxica, cando as alegacións seguen o seu curso oportuno, á espera dos informes dos ministerios competentes. Unha actitude de enfrentamento, negativa, inoportuna e estancada no descoñecemento, elexindo o camiño da confrontación e da súa instrumentalización polo PP de Burela. Creemos que todas as melloras son necesarias, como tamén o son as obras pendientes dende as riadas do mes de xuño de 2010, das que seguimos esperando na súa execución pola Consellería de Medio Rural. Pero tamén coa mesma dilixencia, debe reclamar accións en espera que están freando o desenrolo de Burela, como son: o acceso ao porto, a ampliación do dique de abrigo, ou esixir o porto deportivo para promocionar o turismo. De todo isto, como si de repente non houbera interés. Vémos a esta asociación continuamente de peregrinación en Santiago da man sempre do portavoz popular. En realidade non sabemos cal é o trato que ten con este señor, máis tampouco queremos desconfiar que lle faga algún favor político e traballe para conseguir méritos para incluila na lista do seu partido para as eleccions municipais. ¡Pronto o saberemos! Agora que tamén nos vamos a permitir a darlle un consello: un presidente dunha asociación de veciños debe ser unha persoa comprometida coa imparcialidade, concienciada co interese xeral, defender os intereses dos veciños e fomentar as medias participativas máis adecuadas. Ningunha destas catro cousas se cumpren nesa presidencia.
Tamén lle queremos lembrar a esta presidenta que a maior parte das obras feitas en Burela, levan o selo socialista, porque foi un goberno socialista quen asignou o presuposto necesario, foi un goberno socialista quen a executou, e foi un goberno socialista quen a inaugurou. En cambio, non foi un goberno socialista quen deseñou debuxos e bocetos. Eso faino calquera. E eso si que o recoñecen os burelaos, para maior escarnio do partido da oposición e da asociación de veciños que representa, que non quere decir que represente a todos os veciños. Pregamoslle que deixe de facer partidismo político e de estar manipulada por quen realmente pensa todo o mundo. Un consello: si realmente quere apoiar ao pobo de Burela, convoque unha manifestación para presionar á xunta de Galicia e esixir o comezo inmediato da obra do acceso ao porto XA, que isto si que está a frear o desenrolo de todo o pobo, e iso SI que é a función dunha asociación de veciños, que se preocupa do benestar de todos, sobre todo si a queremos ver algún día rematada.