Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE da Mariña recoñece que o PP desmerece as obras da A-8 criticando os accesos provisionais

Nota de prensa:
O PSOE da Mariña recoñece que o PP desmerece as obras da A-8 criticando os accesos provisionais

-O coordinador comarcal subliña que unha obra desta magnitude sempre provoca algunha molestia temporal

– García Rubal recomenda a alcaldes e responsables do PP que se preocupen do que se teñen que preocupar e que traballen algo pola Mariña

José Luis García Rubal, coordinador comarcal do PSOE, manifestou esta mañá a sorpresa que lle causa que “sempre que o Ministro de Fomento, José Blanco, vén inaugurar calquera obra finalizada, representantes do Partido Popular respondan con faltas de respeto. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, desta vez, estivo correcto e recoñeceu os esforzos do Goberno central, a diferencia da actitude impresentable que mantivo na inauguración do treito que pasa por Abadín, pero enviou a uns cantos subordinados para facer oposición e desviar a atención cara temas sen importancia”.

García Rubal afirmou que “agora que se abriu un treito importante de máis de 9 quilómetros, no que se invertiron uns 83 millóns de euros, podo recoñecer á falta de sinalización, pero hai que comprender que unha obra desta magnitude sempre provoca algunha molestia provisional. Paréceme que estes alcaldes e representantes do Partido Popular que están a protestar por estes accesos provisionais, deben ter moi pouco que facer. Ademais, estes señores non puxeron nin un euro, non fixeron nada para levar a cabo as obras desta autovía, que supón un gran progreso para a nosa comarca”.

O coordinador dos socialistas recomendou que “non gasten esforzos en desviar a atención por estes accesos provisionais, e que se preocupen do que se teñen que preocupar, que se deixen de vixiar o que fan os outros e que traballen algo pola Mariña”.

A Xunta, que faga os seus deberes

José Luis García Rubal recordou que “o Partido Popular leva na Xunta de Galicia case dous anos e ten obras no Hospital da Costa sen rematar, agora que non se ten que preocupar pola goleta de San Cibrao, que acabe dunha vez o empezado”. E engadiu “recoméndolle ó alcalde do Valadouro, Eulogio Fernández Sampayo, que en lugar de facer este tipo de visitas, visite á Consellería de Sanidade para conseguir o pediatra para o concello, que leve a cabo os trámites do parque empresarial, que pida as coidadoras para a gardería infantil, que solucione o problema do cemiterio ou que axilice o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Que non vaia a onde non ten que ir e que se preocupe do que verdadeiramente ten que atender”.

Exit mobile version