Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP responden ao PSOE na polémica sobre Sargadelos escusándose nas axudas estatais para prexubilacións

Nota de prensa:

A Xunta de Galicia aprobou unha axuda dun millón de euros para garantir a expansión comercial da empresa e o mantemento do actual cadro de persoal da empresa

BALSEIRO EMPRAZA AOS SOCIALISTAS A DEIXARSE DE ENREDAR E OS RETA A POÑER SOBRE A MESA AS AXUDAS ESTATAIS PARA AS PREXUBILACIÓNS DOS TRABALLADORES DE SARGADELOS QUE NO SEU DÍA COMPROMETERON

* Tanto a vicepresidenta provincial e concelleira en Cervo, Lara Méndez, como o deputado socialista de emprego Jose Tomé Roca, dixeron que si a Xunta outorgaba axudas o Ministerio de Traballo tamén o faría, incluso chegaron a prometer entre 300.000 e 500.000 euros do Estado que no chegaron.

* Os socialistas pedían que a Xunta retire a súa axuda autonómica que garante máis dun cento empregos se non readmiten a oito traballadores e reclamaban tamén un plan de viabilidade que xa está acordado entre empresa, traballadores e Xunta.

Santiago, 11 de febreiro de 2011.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, pediou aos socialistas “que se deixen de enredar” e lles retou a que poñan sobre a mesa as axudas estatais para as prexubilacións dos traballadores de Sargadelos que no seu día comprometeron. Balseiro insta ao PSOE, que ten a responsabilidade do Goberno en Madrid, a que “cumpra o que prometeron” e lembra que tanto a vicepresidenta provincial e concelleira socialista en Cervo, Lara Méndez, como o deputado socialista e portavoz de emprego, Jose Tomé Roca, dixeron –e así consta nas actas oficiais- que si a Xunta outorgaba axudas o Ministerio de Traballo tamén o faría.

O deputado popular lembrou que a Consellería de Economía e Industria aprobou unha axuda global dun millón de euros para apoiar a expansión comercial da empresa e o mantemento do actual cadro de persoal, composto por máis dun centenar de persoas, na súa maioría mulleres. Pola contra nin o Goberno central, nin a a Deputación de Lugo aprobaron, ata o momento, ningún tipo de apoio económico para esta empresa.

LECTURA DO DIARIO DE SESIÓNS

Tras dar lectura do Diario de Sesións, que reflectía as promesas incumpridas do deputado socialista nas que anunciaba que o Ministerio poñería entre 300.000 e 500.000 euros en axudas (páxina 124 do Diario Oficial do Parlamento de Galicia número 60), Balseiro retou a Tomé Roca a que si poñía sobre a mesa as axudas estatais ás prexubilacións irían inmediatamente a Cervo e resolverían o único fleco pendente, o dos traballadores despedidos que poden acollerse ás prexubilacións. O deputado popular sinalou que, de non facelo, non tería credibilidade para falar de Sargadelos, mentres que o PP desde a Xunta si cumpriu a súa parte.

RECLAMAN UN PLAN DE VIABILIDADE QUE XA EXISTE

Lonxe de comprometer estas axudas estatais, o Grupo Parlamentario Socialista reclamaba hoxe, a través dunha iniciativa na Comisión de Industria da Cámara galega que a Xunta retirara a súa axuda autonómica que garante máis dun cento empregos se non readmiten a oito traballadores. Os populares non admitiron este condicionamento porque poría en perigo o futuro da empresa e do conxunto de cadro de persoal e insistiron en que o plan de viabiliadade –que tamén reclamba o PSOE na súa iniciativa- xa está negociado entre a dirección da compañía, comité de empresa -representantes dos traballadores- e a Xunta, e grazas a el a compañía decidiu retirar o ERE extintivo.

O deputado popular insiste en que sindicatos está á espera de que o Ministerio de Traballo dea as axudas comprometidas e permita a prexubilación destes traballadores e non comprende porque o Goberno central nega a Sargadelos as mesas axudas que xa outorgou en condicións idénticas a outras empresas galegas como é o caso da coruñesa Unicem e a viguesa Cableados Valeo.

POLÉMICA DECLARACIÓN DO VOCEIRO SOCIALISTA

Na súa quenda de intervención o portavoz socialista de emprego, Tome Roca, cualificou como “talibán” ao anterior xerente da empresa Sargadelos, unha expresión que foi retirada da orde do día da Comisión a petición do Presidente da mesma, toda vez que se considerou desafortunada e constituiu unha das polémicas desta comisión.

Exit mobile version