Nota de prensa:
O GPPP pregúntase se é un erro que a Deputación destine 2,1 millóns de euros ó fogar español de Montevideo
Lugo, a 7 de febreiro de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular pregúntase se é un erro a subvención por importe de 2.136.544 euros concedida pola Deputación ó fogar español de Montevideo como así consta no Boletín Oficial da Provincia do pasado día 3.
Unha axuda que se circunscribe ás subvencións directas que con carácter excepcional otorgou o presidente da institución José Ramón Gómez Besteiro con cargo ós orzamentos de 2010.
Para os populares o montante económico adicado a este asunto é o máis abultado de todas as subvencións concedidas por Gómez Besteiro a través desta vía xa que supón case a metade do computo total e que ascendeu a 4,8 millón de euros.
Dende o GPPP sopesan a posibilidade de que a cantidade recollida no BOP sexa un erro pero, ante a posibilidade de que non sexa así, solicitan a pertinente aclaración ó presidente da Deputación. Fan mención ademais ó feito de que, de tratarse dun equívoco e non correxirse con urxencia, éste podería provocar malentendidos que en nada favorecerían a imaxe da institución.
Neste senso citan unha información da xornal España Exterior que se fai eco da concesión da axuda na que indican que, aínda que o fogar español de Montevideo precisa 800.000 euros ó ano para non baixar a calidade do seu servizo en 2011, non terá ningún problema económico gracias a subvención concedida pola Deputación lucense.
A este respecto, na mencionada información indícase que, dado que por cada euro cómpranse 26,70 pesos, o fogar de Montevideo contará con 57.045.724,80 pesos e que, partindo de que o salario medio en Uruguai é de 9.000 pesos ó mes, a axuda da Deputación de Lugo permitirá abonarlle o salario a 528 traballadores durante un ano, especificando ademais que son 200 o número de residentes ós que se atende na actualidade neste centro.