Nota de prensa:
O PARTIDO POPULAR DE FOZ INVITA AO BNG A ENTREGAR O ESTUDO DE VIABILIDADE DA RESIDENCIA DE FOZ QUE PROMETEU TRAER O SEU DEPUTADO FERNANDO BLANCO NO PARLAMENTO, FALTANDO Á VERDADE CANDO DECÍA QUE XA EXISTÍA.
Foz, 08/02/11.- O partido popular focense invita ao BNG Focense e mais ao seu representante autonómico Fernando Blanco, anterior conselleiro do Bipartito, a que entreguen o estudo de viabilidade da residencia de Foz que afirmaron ter feito na súa etapa de goberno, porque no parlamento de Galicia prometeron traelo esa mesma tarde, aló polo mes de Novembro e aínda están esperando por él, con elo aforrariámonos o tramite de volver a facelo que tanto lles molesta, que demostran que non so menten aos focenses se non a todos os galegos.
O bipartito e o BNG con máis responsabilidade aínda porque gobernaba a consellería de benestar no Ano 2009, non ten ningunha credibilidade para falar da residencia de Foz posto que non fixeron nada mentres puideron pola mesma, agora que o Partido Popular de Foz pideu o inicio dos tramites a Xunta no mes de Novembro, e se aprobou a pesar dos votos en contra do BNG e do PSOE, queren prescindir dun documento fundamental para a viabilidade inicial e posterior de mantemento do centro, que servirá para saber as necesidades de capacidade de ocupación e servizos das novas instalacións que se prevén construír.
Xa sabemos que o Bipartito non ten a costume de estudar a viabilidade das inversións e así lle foi cando gobernou en Galicia, e agora así estamos todos, pero non por moito correr se chega antes, e por suposto que o partido popular de Foz estará atento para que a Xunta de Galicia axilice ao máximo eses estudos, para que na próxima lexislatura en contra do que di o BNG se constrúa o xeriátrico e o centro de dia.
Estamos de acordo co BNG, en que a localidade actualmente, necesita un xeriátrico, por iso o levamos ao Parlamento de Galicia cousa que eles non fixeron, pero queremos tamén, desmentir que en Foz non existan cobertura xeriátrica, posto que a localidade dende sempre puido presumir de ter o mellor Asilo da Mariña que aínda agora está en activo e xa nos queremos esquecer de que existe, pese a que como todos pensamos, dende hai uns anos non se está a xestionar da maneira que todos desexamos, pero é falso que Foz non teña cobertura xeriátrica, e sí que deberíamos pensar en colaborar para que mentres non teñamos outra, a que temos funcione o mellor posible.