Nota de prensa
Barcia esíxelle ó alcalde que denuncie ante a autoridade competente .
O portavoz dos populares considera que non se pode xogar coa dignidade das persoas.
E advirte: “se non o fai o alcalde, será o PP quen presente a denuncia”.
O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia, manifestou hoxe que o alcalde, se dixo a verdade nas súas declaracións sobre as octavillas, debe presentar inmediatamente unha denuncia onde proceda, a garda civil, o xulgado ou a fiscalía, para esclarecer quen elaborou as octavillas aparecidas o outro día nas rúas do noso concello sobre o proceso de selección de persoal para cubrir unha praza de funcionario interino, onde se elaboraron e quen procedeu á súa distribución polas rúas de Burela. Esta denuncia debería ser presentada para preservar a imaxe e a dignidade das persoas citadas na octavilla, e para despexar dúbidas sobre o propio procedemento de selección. Ademais, o portavoz do GMPP afirmou que esta denuncia debe ser presentada mesmo para salvagardar a honorabilidade da figura do alcalde de Burela, ainda que en ningún caso para salvagardar a honorabilidade da persoa que ocupa o cargo pola sinxela razón de que non a tén.
González Barcia considera que o alcalde debe deixarse de palabrería barata, e actuar. O peor é que está acostumado a falar moito e non facer nada, e polo tanto creo que eso será o que faiga, nada. O portavoz dos populares reitera que a orixe da octavilla pode estar en persoas “do entorno negativo” do alcalde. E o alcalde pode que saiba perfectamente a orixe das octavillas, pero interésalle culpar a outra xente e mesmo sementar a dúbida de que puido ser o PP.
Barcia afirmou que será o propio PP quen presente a denuncia se o alcalde non o fai, porque non se pode consentir ter un alcalde consentidor con estas formas de actuar. Ademais, é millor que investigue e aclare este asunto quen tén capacidade legal para facelo, porque se agardamos a que sexa o alcalde vamos listos: hais seis meses que anda averiguando a orixe dun cartel colocado nun parking en Nosa Señora do Carme, e ainda non deu resolto o problema, e eso que é ben doado.
Finalmente, Barcia reiterou que hai dous escritos presentados no concello referidos a anomalias do proceso de selección: o primeiro, presentado o pasado día 26, tén o número de rexistro de entrada 451; o segundo foi presentado ó día seguinte, co número de rexistro de entrada 483. Se o alcalde sae públicamente o día vinteoito falando do proceso de contratación e das octavillas, como é que non coñecía os dous escritos que citamos, que son anteriores? O único que fixo foi mentirlle, unha vez máis, ós veciños e veciñas deste concello.