Nota de prensa
NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA
O GMPP afirma que “o bigoberno usa as políticas sociais para darse autobombo e buscar réditos partidistas”.
O concello non solicitou da Xunta subvencións para inmigración e o banco de tempo.
Os populares reiteran que o bigoberno non tén planificación da súa actuación.
“A pretendida e mediática preocupación do bigoberno burelés polas cuestións sociais e da inmigración son unicamente fume”. Así de contundente se pronunciou hoxe o Grupo Municipal do Partido Popular de Burela (GMPP), para definir a non solicitude de dúas subvencións por parte do bigoberno burelés. O que confirma, segundo os populares, que “o único que buscan os socialistas e os nacionalistas coas políticas sociais é unicamente o autobombo e buscar réditos partidistas”.
O GMPP indicou que o concello non solicitou unha subvención convocada pola Consellería de Traballo e Benestar destinada ó desenvolvemento dos bancos municipais de tempo e outras medidas de conciliación. Por esta razón, o concello de Melide acadou unha subvención de 3.750’00€ e o de Palas de Rei 2.900’00€. Para os populares, resulta chocante que se solicite axuda á Xunta para a contración de persoal para a posta en marcha do banco de tempo e logo non se solicite subvención para o seu desenvolvemento, o que fai pensar que só se busca a rendabilidade política e partidista da contratación de persoal. Esta subvención foi convocada no Diario Oficial de Galicia (DOG) de 14 de xuño de 2010; a resolución da convocatoria pode verse no DOG do día 10 do presente mes.
Deste xeito, o banco de tempo creado polo bigoberno burelés ve mui mermada a súa capacidade de actuación, porque se vén de perder unha oportunidade de planificar con efectividade a súa actuación e dotala de financiamento, máis ainda tendo en conta que esta subvención era compatible con calquera outra.
Igualmente, segundo o GMPP, o bigoberno burelés non solicitou unha subvención da Xunta de Galicia, convocada pola mesma consellería, para a realización de accións de orientación, formación e insercion laboral dirixidas a persoas inmigrantes. Esta liña de axudas publicouse no DOG do 7 de xuño do ano pasado, aparecendo a resolución no DOG do pasado día 10 deste mes. As axudas concedidas a través desta orde eran plenamente compatibles con outras que se tivesen solicitado para o mesmo obxectivo. Por exemplo, o concello de Poio, gobernado polo BNG, acadou unha axuda de máis de 27.000’00€ a través desta liña de axudas da Xunta de Galicia.
A perda desta liña de axudas para a integración da inmigración significa lisa e llanamente deixar pasar a oportunidade de apostar decidamente pola formación de cara á inserción laboral da ampla poboación inmigrante residente en Burela.
Para os populares, o bigoberno burelés tivo unha política errática en materia de peticións de subvencións nestes catro anos, porque non houbo unha auténtica planificación da actuación e da actividade municipal. Os populares entenden que non se poden crear servicios de cara á galería, que logo funcionan como funcionan e por riba non se busca a consolidación dos mesmos, porque non se programa o seu desenvolvemento e non se procura, conseguintemente, a súa financiación mediante liñas de axuda externas. E nos momentos de crise económica nos que nos atopamos, calquera liña de axuda que se poida aproveitar sempre será ben recibida.