Nota de prensa
O voceiro popular do Mar asegura que para abandono do sector pesqueiro os catro anos de Goberno bipartito, do que o actual lider socialista formaba parte, que deixou á pesca a borde da rúina
BALSEIRO LÉMBRALLE A MANUEL VÁZQUEZ QUE O NOVO SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL DO MAR É COMO PASAR DE TER UN SEGURO FRONTE A TERCEIROS A TELO AGORA A TODO RISCO
o O conxunto do sector pesqueiro, encabezado pola federación galega de confraría de pescadores, apoian e impulsan o novo seguro promovido pola Consellería do Mar.
A Mariña, 6 de febreiro de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol, quixo lembrarlle a Manuel Vázquez, lider dos socialistas galegos, que o novo seguro de responsabilidade civil do mar “é como pasar de ter un seguro fronte a terceiros, a telo agora a todo risco”. O deputado popular insistiu en que a reforma do modelo asegurador para os profesionais da pesca permite protexer agora fronte a eventualidades, como o 100% da responsabilidade civil por accidente marítimo e as indeminzacións aos tripulantes afectados, que antes non estaban completamente cubertas polo anterior seguro.
APOIO DAS CONFRARÍAS
Balseiro sinalou que o cambio de modelo aseguraticio non é un capricho da Consellería do Mar senón que responde á petición e a necesidades do propio sector pesqueiro, encabezado polas Federación Galega de Confrarías de Pescadores, que non so apoia senón que impulsa o novo seguro defendido pola Xunta de Galicia.
O PSOE DESCOÑECE A PESCA
O voceiro do Mar está convencido de que Manuel Vázquez é un gran descoñecedor da situación do sector pesqueiro galego e que na súa visita á Mariña lucense “dixo o primeiro que lle pasou pola cabeza”. Balseiro insiste en que para situación de abandono do sector pesqueiro temos, e o propio sector así o sabe, os catro anos de Goberno bipartito, un fracasado Executivo autonómico do que o actual lider socialista formaba parte, e que pola súa mala xestión deixou á pesca a borde da rúina.