Nota de prensa:
Barreiro lamenta que Blanco non falara do corredor da Costa nin do AVE nin da A-56, nin da A-72 nin da A-76
Lugo, a 7 de febreiro de 2011.- O Partido Popular considera que José Blanco voltou a perder a oportunidade de explicar ós lucenses as razóns polas que o ministerio de Fomento ten paralizadas ou acumulando retraso sobre retraso diversas obras de enorme trascendencia para a vertebración da provincia de Lugo e para o seu desenvolvemento.
Así, José Manuel Barreiro botou en falla que o ministro de Fomento durante o seu periplo pola provincia durante este fin de semana “non adicara nin un minuto” a explicar a razón pola que Lugo será a única capital de provincia galega que se quedará sen AVE ou mesmo para comprometer dunha vez os prazos de execución do treito estatal do corredor da Mariña.
Tampouco dixo nada, segundo salienta o presidente dos popualres lucenses, da autovía Lugo-Ourense, primeiro reprogramada e finalmente paralizada, nin da A-76, Ponferrada-Monforte, para a que leva anos prometendo o inicio inminente das obras pero que aínda está en estudio informativo e carece de prazo de execución; ou da A-72, Monforte de Lemos-Chantada, que tería que estar xa aberta á circulación pero da que non se puxo nin sequera a primeira pedra.
Dende o PP insisten en lembralle a José Blanco que moitas son as promesas que fixo ós veciños da provincia de Lugo pero que son escasas as que cumpriu. Neste senso, Barreiro convidouno a “trocar a palabrería por feitos dunha vez por todas e facer pública unha programación seria e rigurosa das moitas obras que Fomento ten pendentes de realización ó longo e ancho da provincia”.
Dende o PPdeLugo tamén restaron importancia ás palabras de Blanco nas que se amosaba convencido de que PSOE non só ganaría as eleccións de maio senón que mantería a Deputación, indicando que ata o momento os socialistas nunca gañaron unhas eleccións na provincia de Lugo e que esa circunstancia, están convencidos, non variará tampouco nas vindeiras municipais.
Así, con respecto á institución provincial, José Manuel Barreiro indicou que nestes anos de bigoberno provincial os lucenses pudieron constatar cal é o xeito de actuar de socialistas e nacionalistas, “sempre preocupados por si mesmos pero moi distantes coa realidade provincial”.
Por elo, Barreiro amosouse convencido de que os lucenses non queren un goberno provincial caracterizado polo despilfarro e polo reparto partidista dos fondos, nin queren tampouco que sigan a gobernar os que nunha lexislatura multiplicaron por dez a débeda da Deputación e que cobran case tanto como o goberno da Xunta.
Segundo recalcou, agora os lucenses son conscientes de que hai outro xeito ben distinto de gobernar, máis responsable e máis eficaz. “Teñen”, salienta, “outros espellos onde mirarse e se se compara a Xunta coa Deputación de Lugo, Gómez Besteiro e o seu goberno saen moi mal parados”.