Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz di que Traballo e Benestar está a traballar no estudo de viabilidade da residencia que pode estar listo nuns meses

Nota de prensa

O PARTIDO POPULAR DE FOZ SATISFEITO POLA REUNIÓN COA CONSELLEIRA BEATRIZ MATO, QUE CONFIRMOU QUE SE ESTÁ A TRABALLAR NO ESTUDO DE VIABILIDADE DA RESIDENCIA COMO PROPUXO O PARLAMENTO, ESTIMANDO QUE NOS PRÓXIMOS MESES PODA QUEDAR LISTO.

Foz, 15/02/11.- O partido popular focense para tranquilidade dos seus veciños, que ven como nos medios de comunicación os grupos do bipartito están a contaxiar a opinión pública con declaracións que non se corresponden coa realidade, quixo interesarse polo estado do estudo de viabilidade e necesidades para a Residencia e centro de día de Foz, que no seu momento se aprobou no Parlamento de Galicia a petición propia mediante Proposición non de Ley presentada por Xosé Manuel Balseiro, confirmándose o pasado luns día 14 a cita, na que a consellería constatou que se está a traballar no documento que probablemente nos próximos meses poderá estar terminado para seguir coa tramitación do expediente para a construción deste equipamento tan necesario no concello Focense.

Na Reunión coa conselleira Beatriz Mato á que asistiron ademais do portavoz grupo municipal popular e o candidato Javier Castiñeira o Deputado Xosé Manuel Balseiro, expuxéronse temas de interese relacionados co Benestar e asuntos sociais do concello, posto que ademais da propia Residencia de anciáns que ocupou a maior parte do tempo, tamén se comentou a necesidade de axilizar a cesión do Local que posúen na casa do mar de Foz para a Asociación de Discapacitados Virxe do Carme de Foz.

Dende a Consellería contestaron que se atopa nun estado moi avanzado de xestión, recoñecendo que se alongou algo no tempo posto que se quere deixar correctamente documentado , nese sentido os populares focenses tamén están satisfeitos pois é unha xestión que iniciaron eles mesmos, a petición da propia Asociación que dende moito tempo levaba reclamando, xa na época do bipartito, ter un local para dispoñer da independencia que agora non teñen, debido a que comparten un local con outras asociacións distintas no Centro Social do Concello, o que lles impide disfrutar da aula en calquera momento que o necesiten.

Os populares focenses queren agradecer tamén a dispoñibilidade da Conselleira Beatriz Mato e do seu equipo, para sacar a diante os asuntos pendentes no concello de Foz, a sabendas de que son tempos de grandes dificultades, e o esforzo para realizar estas dotacións son moito maiores que en épocas pasadas de bonanza, tempos nos que o bipartito non foi capaz nin de entregar rematada na súa totalidade a gardería e tivo que dotala e poñela en funcionamento a Xunta do Sr Feijoo, tal e como está a pasar coa maior parte dos proxectos que prometeu o bipartito en Foz, exemplo claro o da residencia que hoxe reclaman.

Moitas grazas e saúdos cordiais de Javier castiñeira, Candidato do Partido Popular de Foz nas eleccións municipais de Maio 2011.

Exit mobile version