Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz di que o alcalde contradise entre o que apoia no pleno e o que declara sobre o catálogo de medicamentos

Nota de prensa:
SEGUN A ACTA DO PLENO DE XANEIRO RIVERA APOIA A CREACION DO CATALOGO DE FARMACOS E A XESTIÓN RAZONABLE DOS RECURSOS FARMACEUTICOS EN CONTRA DO QUE CECLAROU PUBLICAMENTE NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

Foz, 24/02/11.- Unha vez recibida a acta do pleno do concello de Foz correspondente ao mes de xaneiro os populares focenses queren informar aos cidadáns de que o Sr Rivera e a corporación municipal cos votos a favor de PSOE e PP instan á xunta a cumprir coa Lei de Saúde de Galicia , crear un catalogo de fármacos e mirar pola eficiente xestión dos recursos sanitarios dos galegos e a racionalización do gasto farmacéutico tal e como engadiu o Partido Popular á moción do Psoe, e que entendemos que é o que xa está a realizar o goberno galego, pero que incomprnsiblemente tanto criticou no seu día Rivera, chegando incluso a afirmar publicamente que os xenéricos poden causar danos irreversibles á saúde, e confirmando que saben que existe fraude sanitario con farmacias de Asturias.

Con isto os populares focenses, proban coa acta na man de que o alcalde Rivera minteu aos cidadáns porque foi él o único que cambiou de opinión no pleno, cando días antes alarmaba sobre os xenéricos días despois no pleno, aprobaba unhas modificacións da súa moción nas que insta ao goberno de Feijoo a facer política de austeridade no gasto, facer un catálogo de fármacos e a cumprir coa ley sanitaria, que tal e como o entendemos e o que xa se está a facer dende o goberno Galego, non así dende o goberno central, que se arrima aos intereses das grandes farmacéuticas en contra dos intereses de todos os galegos.

No seu día Rivera acusou ao partido popular de Foz de contradicirse, a sabendas de que fora él mesmo o que cambiara de opinión con respecto aos xenéricos, indicando na mesma acta que o seu grupo está a favor da súa aplicación en xeral, eso sí menos nos casos de enfermidades delicadas, pero aínda así choca completamente coas súas declaracións en contra dos xenéricos uns días antes e que o noso candidato Javier Castiñeira lle recriminou rectificar posto que creaba alarmismo social e carecía de argumento científico algún.

Polo tanto, os Populares de Foz pensamos que o Alcalde meteu a pata nas súas declaracións iniciais, e logo non quixo rectificalas en publico, ainda que días despois no pleno recoñecese que non está en contra dos xenéricos, e como pon na acta textualmente cando dí que “lamenta que houbera malas interpretacións da mocións” estaba a recoñecer que puido contaxiar á opinión pública con unhas declaracións desacertadas, tamén sabemos que lle costa recoñecelo en publico, pero non entendemos que no seu momento para zafarse desa “metedura de pata” tratase de manipular a opinión do grupo municipal do Partido Popular de Foz que nese sentido, segue mantendo o mesmo criterio.

Por outro lado os populares focenses, valoran moi positivamente a visita do Sr Álvarez Campana a Foz, que demostra o compromiso do goberno da Xunta de Galicia nesta materia, esperando que saia algo frutífero da mesma e podamos avanzar algunha novidade con respecto a obras no porto de Foz.

Exit mobile version