Nota de prensa
OS POPULARES FOCENSES DENUNCIAN A DESIDIA E DEIXADEZ DE FOMENTO AO CONTESTAR UN ANO DESPOIS AS PREGUNTAS QUE SE FIXERON EN MARZO DO 2010 NA MESA DO CONGRESO DOS DEPUTADOS, AS O DENUNCIAS DO PP DE FOZ POLO LAMENTABLE ESTADO DA N-642.
Foz, 12/02/11.- O partido popular focense esta convencido que dende o ministerio de Fomento non se toman en serio os asuntos pendentes coas infraestruturas da Mariña, proba deso e a contestación deste organismo a varias preguntas realizadas no mes de Marzo do ano pasado sobre o estado da N – 642 ao seu paso polo concello, que foron contestadas un ano despois e aínda por riba contestan que depende da “dispoñibilidade presupostaría”, unha ambigüidade que por suposto non nos convence.
O partido popular mediante os seus deputados nacionais, Joaquin García e Olga Iglesias, levou á mesa do congreso varias preguntas con relación ao mal estado da estrada nacional N-642 ao seu paso polo concello, posto que entende que é un tramo de gran peligrosidade, onde o firme está en malas condicións provocou varios accidentes, algún deles mortais.
O único que se sabe e que despois dun ano aínda están a elaborar o proxecto de rehabilitación do firme e que non ten dotación presupostaria, e dicir que todo segue igual, e se informa que esta en tramitación o estudio informativo da autovía Barreiros – San Cibrao, que xa tiña que estar empezado igual que empezou a Xunta a parte que lle corresponde de San Cibrao a Ferrol.
Esta e a situación deplorable das infrastructuras mariñás dependentes do goberno central, que ningún dos alcaldes socialistas foi capaz de recriminarlle ao ministro Blanco o pasado venres que estivo na comarca.
Os populares focenses creen que Rivera non está a reclamar ao ministerio de fomento gobernado polos Socialista os dereitos de todos os focenses a disfrutar dunhas infraestruturas mínimas coma o resto de españois, e dicir rehabilitar a N 642 e deixarse de pequenos apaños coma rebacheos ou quitar o carril de lentos en Mañente, e o que é máis grave, non presióna ao goberno para que empece dunha vez os traballos da Autovía Barreiros – San Cibrao, e senón lle fan caso, invitamos a Rivera a poñerse detrás das pancartas tal e como fai cando as obras corresponden a gobernos do partido popular, ou é que está esperando a que cambie o goberno.