Os populares perciben falla de implicación do alcalde nas actuacións de Montes.
Consideran “impresentable que dous anos despois non se reunira nunca o consello escolar municipal”.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela mantivo neste fin de semana unha reunión coa xunta directiva da Comunidade de Montes co obxectivo de coñecer as necesidades que tén nestes momentos a Comunidade de Montes e analizar actuacións a levar de cara ó futuro.
Para o GMPP, esta reunión foi positiva, porque se verificou a preocupación dos directivos da Comunidade de Montes por buscar unha maior colaboración coa Consellería de Medio Rural. O PP brindouse a implicarse nesa liña de traballo, xa que entende que a Comunidade de Montes realiza unha función importante dentro do entramado socioeconómico e asociativo burelés. Así, se estudiaron varias posibles actuacións, como o acondicionamento da zona da lagoa de A Puida, próxima ó antigo vertedoiro de lixo, actualmente selado desde o ano 2003, estando o PP no goberno municipal. Os representantes do PP detectaron certa preocupación pola falla de implicación do alcalde e do bigoberno local nas actuacións que a Comunidade de Montes está ou pretende levar a cabo.
Ademais, en días pasados representantes do PP reuníronse cos directores dos CEIPs e IES bureleses, para coñecer de primeira man a problemática existente en cada un dos catro centros. Nos próximos días, membros do GMPP visitarán os centros para analizar sobre o terreo, xunto cos directores dos mesmos, posibles alternativas ás peticións que os directors plantexan. O GMPP considera que desde a alcaldía non se lle presta suficiente apoio ós centros de ensino na solución dos problemas que se plantexan na vida diaria.
Ademais, para os populares resulta “impresentable e unha tomadura de pelo para o mundo do ensino que se teña aprobada a re-constitución do consello escolar municipal hai dous anos e ainda non se reunira nin unha sola vez, ainda que fora para constituirse oficialmente, o que dá unha idea clara da ausencia de traballo e vontade para facer algo polo mundo do ensino”. Os populares lembran que durante a súa etapa, funcionou o consello escolar municipal, e que entre outros obxectivos tivo a preocupación por conseguir para Burela o Bacharelato de Artes.