Nota de prensa
O GMPP afirma que o alcalde tramitou “irregularmente” a adxudicación da pista de pádel .
O convenio asinado coa Deputación asinouse o día 28 de decembro e tiña efectos sólo hasta o 31 de decembro de 2010.
Os populares consideran o alcalde fixo “unha chapuza electoralista”.
O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela (GMPP) afirmou hoxe que o alcalde tramitou de forma claramente irregular o expediente de adxudicación da pista de pádel que se construirá na Marosa gracias a un convenio coa Deputación.
Os populares, que aseguran que non teñen nada en contra da pista de pádel, indican que o convenio asinado coa Deputación é claro: tén efectos para o ano 2010, exclusivamente.
O convenio, asinado con data vinteoito de decembro de 2010, indica na cláusula cuarta que “considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza do investimento subvencionado e se realicen no ano 2010”. O alcalde inicia o expediente mediante unha providencia que tén data de 14 de xaneiro de 2011, polo que o expediente iníciase fóra de prazo.
Pero o propio prego de condicións que redacta o concello de Burela, e que asina o alcalde con data 17 de xaneiro, indica no seu artigo sete, referido ó prazo de execución da obra, que “en todo caso, as obras deberán de rematar antes do 31 de decembro de 2010”.
Esto leva a unha conclusión: este procedemente é claramente irregular, porque incumple o convenio asinado coa Deputación, e porque incumple o propio plego de condicións que redacta o concello de Burela.
Polo tanto, a consignación económica que contempla o convenio, trinta mil euros, só se pode facer efectiva con cargo ó ano 2010, e en todo caso para obras rematadas, e polo tanto se entende que certificadas, dentro dese ano.
E como mostra da improvisación em todo este asunto, o mesmo día que se asina o convenio, o día 28 de decembro de 2010, pídese unha copia do mesmo. Pero cando o alcalde comenza o procedemento, cando asina o pliego de condicións, e cando remite as invitacións ás empresas, ainda non se resolvera por parte da Deputación a concesión da prorroga, o que demostra que efectivamente estamos ante unha auténtica chapuza.
Pero hai outra conclusión: a falla de previsión do alcalde, e mesmo do propio presidente da Deputación, que asinan un convenio con só tres para poder ser executado. En realidade, esto é unha auténtica chapuza, movida solamente por intereses electorais. Tanto é así, que o alcalde fai unha invitación, con data de dezasete de xaneiro, a tres empresas para que nun prazo de tres días naturais presenten as correspondentes ofertas. Dúas delas renuncian e só unha presenta oferta.
Finalmente, temos que afirmar que estamos ante un procedemento cheo de irregularidades e que mesmo pode ser ilegal, por incumplimento do convenio e do propio pliego de condicións do concello. Que dirían PSOE e BNG se esto o chega a facer o PP?