Nota de prensa
O GMPP asegura que un informe de Fomento obriga ó concello a incluir no PXOM o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao que rexeitou a corporación.
Os populares afirman que o alcalde oculta información ós veciños desde finais de setembro.
Piden que se convoque urxentemente á comisión especial de seguemento do PXOM.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela asegura que no concello consta un informe do Ministerio de Fomento que dirixe José Blanco sobre o avance do PXOM burelés, e nese informe esíxese ó concello que no PXOM figure o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao proposto polo ministerio, xustamente o que no seu momento rexeitou a corporación burelesa. O texto do informe é concluinte: “En el plano de información IU-02 ‘Afeccións sectoriais’… se deberá incluir como afección sectorial el trazado y la banda de fluctuación de la opción seleccionada para la autovía de conexión entre San Cibrao y Barreiros”.
O informe tivo entrada nas dependencias municipais burelesas o día 28 de setembro de 2010, e nel consta claramente que a Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia “informa desfavorablemente” o documento remitido polo concello.
Segundo os populares, “se o alcalde no seu momento, no verán de 2009, non tivo máis remedio que contar co PP e con outros colectivos para presentar as alegacións, agora cala a boca, esconde información, co único fin de non molestar ós seus xefes políticos pero perxudicando claramente os intereses de Burela. Unha vez máis, temos que decir alto e claro que Burela non se merece un alcalde arrodillado ante o seu partido e que por riba engana e oculta información ós veciños e veciñas deste concello”.
Os populares enganden que “o feito de que o alcalde oculte ese informe, tén especial gravidade. Confiamos que non tarde en reunir á comisión especial de seguemento do PXOM para aclarar que medidas se teñen adoptado e cales se van adoptar ó respecto. Tamén confiamos que reúna ós colectivos que participaron na elaboración das alegacións para explicar que pasos se deron e cales son os que se pensan dar”.
Desde o GMPP, indican que presentarán unha moción no concello para solicitar que se resolvan as alegacións canto antes. Asimismo, xa están estudiando a posibilidade de presentar iniciativas ó respecto tanto no Congreso coma no Senado. Ademais, resulta significativo que o alcalde insista unha e outra vez contra da Xunta de Galicia por este asunto do PXOM, pedindo celeridade e outras cousas, cando resulta que os informes emitidos hasta agora pola Xunta están elaborados a xeito de “consideracións”, mentres que o informe de Fomento é claro: informe desfavorable”.
E máis claro é ainda a mensaxe final dos populares: os veciños de veciñas de Burela non se merecen um alcalde que oculta información e que polo tanto está a enganar ós cidadáns.